Vicepresidencia do Goberno de Cataluña
A Vicepresidencia do Goberno de Cataluña (en catalán: Vicepresidència del govern) é un cargo da Generalitat de Cataluña creado pola lei 13/2008, de 5 de novembro. Esta lei prevé a posibilidade de nomear un vicepresidente ou unha vicepresidenta do goberno se non foi nomeado un Conseller Primer. O vicepresidente ten asignada a consellería que o presidente determine. Na actualidade é a Consellería da Vicepresidencia.
O Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006 recolle a composición do Goberno de Cataluña coa figura dun Presidente, optativamente un Conseller Primer e o resto de consellers. O feito de non designar un Conseller Primer permite ao goberno considerar o Conseller da Vicepresidencia como o segundo cargo en importancia.
As atribucións do vicepresidente ou vicepresidenta do goberno son as que tería o Conseller Primer se fora designado, coa excepción da competencia de "desplegar as directrices xerais da acción de goberno".
Lista de vicepresidentes e vicepresidentas
editarPrecedente histórico (1931-1932)
editarLexislatura | Nome | Inicio | Fin | Partido |
---|---|---|---|---|
1931-1932 | Joan Casanovas i Maristany | 29 de decembro de 1931 | 3 de outubro de 1932 | ERC |
Consellers da Vicepresidencia (2006-2008)
editarLexislatura | Nome | Inicio | Fin | Partido |
---|---|---|---|---|
VIII | Josep Lluís Carod-Rovira | 29 de novembro de 2006 | 3 de decembro de 2008 | ERC |
Vicepresidentes do goberno (2008-actualidade)
editarLexislatura | Nome | Inicio | Fin | Partido |
---|---|---|---|---|
VIII | Josep Lluís Carod-Rovira | 3 de decembro de 2008 | 29 de decembro de 2010 | ERC |
IX / X | Joana Ortega i Alemany | 29 de decembro de 2010 | 22 de xuño de 2015 | UDC |
X | Neus Munté i Fernández | 22 de xuño de 2015 | 14 de xaneiro de 2016 | CDC |
XI | Oriol Junqueras i Vies | 14 de xaneiro de 2016 | 27 de outubro de 2017 | ERC |
XII | Pere Aragonès i Garcia | 29 de maio de 2018 | actualidade | ERC |