Marta Rovira

política catalá

Marta Rovira i Vergés, nada en Vic o 25 de xaneiro de 1977, é licenciada en dereito e política catalá, actual secretaria xeral de Esquerra Republicana de Catalunya e deputada no Parlamento de Cataluña na X, XI e XII lexislaturas.

Infotaula de personailustre Editar o valor em Wikidata
Marta Rovira

(2021) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Marta Rovira i Vergés Editar o valor em Wikidata
25 de xaneiro de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Vic, España Editar o valor em Wikidata
Deputada do Parlamento de Cataluña
17 de xaneiro de 2018 – 22 de marzo de 2018 (renuncia)Assumpció Laïlla i Jou (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputada do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputada do Parlamento de Cataluña
17 de decembro de 2012 – 4 de agosto de 2015 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

12ª Secretary General of Esquerra Republicana (en) Traducir
17 de setembro de 2011 –
← Joan Ridao
Secretario Xeral Alianza Libre Europea
2008 – 2011 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaXenebra (2018–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pompeu Fabra - licenciatura en Dereito
Universidade Aberta de Cataluña - Licentiate in Political and Administration Science (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , avogada , professor de direito (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya (2005–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5374386 Facebook: martaroviraverges Twitter: martarovira Instagram: mroviraverges Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada o 25 de xaneiro de 1977 na cidade de Vic (provincia de Barcelona), algúns dos seus antepasados participaron en política a nivel local durante a ditadura franquista; o seu avó materno, Francesc Vergés i Ordeig, foi alcalde de Sant Pere de Torelló entre 1956 e 1965, e un dos seus bisavós por parte de pai, Jaume Rivera i Camps, desempeñou o cargo de alcalde de Prats de Llusanés entre 1939 e 1941.[1][2]

Marta Rovira é licenciada en dereito pola Universidade Pompeu Fabra e en Ciencias Políticas e da Administración Pública pola Universidade Aberta de Cataluña. Máster en avogacía, impartiu clases de dereito administrativo na Escola de Policía de Cataluña entre 2003 e 2007, foi directora do servizo loxístico da Axencia Catalá de Cooperación e Desenvolvemento (2007-2011).[3]

É militante de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) dende 2005, onde en 2008 foi elixida secretaria de Política Internacional, Europa e Cooperación e en 2011 secretaria xeral do partido encabezado por Oriol Junqueras. Nas eleccións ó Parlamento de Cataluña de 2012, foi o número 2 na lista por Barcelona de ERC sendo elixida deputada e ocupando entre 2012 e 2015 o cargo de voceira do grupo parlamentario. En 2015 presentouse de novo ás eleccións na candidatura independentista de Junts pel Sí sendo elixida deputada e de novo, voceira do grupo parlamentario.

Entre 2008 e 2012 foi a secretaria xeral da Alianza Libre Europea, entre 2006 e 2007 secretaria da Asociación de Mozos Avogados de Cataluña, organización da cal fora presidenta local en Vic entre 2004 e 2006.

Dende o 17 de xaneiro de 2018 foi deputada no Parlamento de Cataluña na XII lexislatura pola coalición electoral Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí.[4]

Causa xudicial editar

O 22 de decembro de 2017 o Tribunal Supremo de España imputouna por un presunto delito de rebelión pola súa participación no chamado "comité estratéxico" independentista. Citada a declarar ante devandito tribunal pola súa relación co proceso independentista, o 19 de febreiro de 2018, finalmente foi posta en liberdade condicional baixo fianza de 60.000 €. O 23 de febreiro de 2018, iniciouse o prazo de dez días que o Tribunal Supremo deu á secretaria xeral de ERC, Marta Rovira, para que depositase a fianza de 60.000 euros que lle impuxo o xuíz Llarena.[5][6][7][8]

O 21 de marzo de 2018 o xuíz do Tribunal Supremo de España Pablo Llarena citou o 23 de marzo de seguinte ós investigados pola causa para comunicarlles o auto de procesamento, que fixará que condutas delituosas se imputan concretamente a cada un dos implicados.

O día 22 de marzo de 2018, inmediatamente finalizada a votación errada para a investidura de Jordi Turull como presidente da Generalitat de Cataluña, Rovira renunciou, xunto a Carme Forcadell e Dolors Bassa, á acta de deputada do Parlamento de Cataluña.[9]

O día 23 de marzo, Marta Rovira mediante unha carta enviada a TV3, logo de fuxir a Suíza, comunicou a súa decisión de non acudir á citación xudicial para evadirse da xustiza española.[10][11]

Notas editar

  1. "El abuelo futbolista y también alcalde franquista 'sin ideología' de Marta 'la elegida'". 19 de novembro de 2017. 
  2. Abuelos: Marta Rovira, la nieta del alcalde franquista de Sant Pere de Torelló, no tiene derecho a decir que en Cataluña no había franquistas. El País. 24 de novembro de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2019.
  3. Blocs.esquerra.cat (ed.). "Nota biográfica de Marta Rovira". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  4. "Los 135 diputados del Parlament de Catalunya tras el 21-D". 
  5. "Pablo Llarena deja a Marta Rovira en libertad bajo fianza de 60.000 euros". LibertadDigital. 19 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de febreiro de 2019. 
  6. Rovira dice al juez que pidió suspender el 1-0 ante la violencia y que Puigdemont se negó. . La Vanguardia. 19/02/2019. Consultado o 24 de febreiro de 2019.
  7. El juez imputa a Marta Rovira, Artur Mas y Anna Gabriel en la causa por rebelión. La investigación incluiría también como investigadas Marta Pascal, Mireia Boya y Neus Lloveras. ABC España, 22/12/2017. Consultado o 26 de febreiro de 2018.
  8. El Tribunal Supremo ordena detener a Anna Gabriel solo en territorio español. elEconomista.es-Jueves, 22 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de febreiro de 2018.
  9. 20 Minutos (ed.). "Las diputadas de ERC Marta Rovira, Carme Forcadell y Dolors Bassa renuncian a sus escaños" (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2018. 
  10. "Marta Rovira ya está en Suiza tras plantar al Supremo y la Fiscalía pide su detención". La Vanguardia. Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  11. "Marta Rovira se fuga a Suiza antes de acudir al Supremo". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2018.