ABC (xornal)

xornal español
(Redirección desde «ABC (periódico)»)

ABC é un xornal de carácter xeralista publicado en Madrid e distribuído por toda España, de corte conservador e que se define como monárquico[Cómpre referencia]. Foi fundado o 1 de xaneiro de 1903 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez-Ossorio. No 2010 foi nomeado director o xornalista galego Bieito Rubido.

ABC
Fundación1 de xaneiro de 1903
DirectorBieito Rubido Ramonde
FundadorTorcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio
EditorDiario ABC, S.L
TendenciaMonarquismo, catolicismo e conservadorismo
LinguaCastelán
ÁmbitoEspaña España
ImpresiónCor
PeriodicidadeDiario
Prezo1,50 € (de luns a venres) 2,00 € (sábado) e 2,80 € (domingo)
TiraxeDecrecente 314.271[1]
ISSN1136-0143
Na rede
https://abc.es
Twitter: abc_es Dialnet: 3810061 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Edítase en lingua castelá salvo certos artigos e noticias de carácter autonómico escritos na lingua da comunidade autónoma e, a diferenza doutros xornais españois, a impresión faise de modo que cada exemplar vai grampado e con formato folio.

Ata a guerra civil

editar
Publicidade do ano 1904.

Foi fundado en Madrid o 1 de xaneiro de 1903 por Torcuato Luca de Tena e Álvarez-Ossorio. Nas súas orixes foi un semanario, aínda que se converteu nun bisemanario o 16 de xuño do mesmo ano e comezou a distribuírse diariamente a partir do 1 de xuño de 1905. A partir de 1912, tivo como suplemento dominical a revista "Gedeón".

O 12 de outubro de 1929 naceu o "ABC de Sevilla", ao que o "ABC de Madrid" achegou a súa doutrina, textos e mesmo as páxinas de ocogravado.

A guerra civil

editar

Pasados seis anos, a Guerra Civil Española fixo que cada edición quedase nun bando distinto da guerra, 'ABC' de Madrid no bando republicano e 'ABC' de Sevilla no bando sublevado.

Na mañá do 20 de xullo de 1936 e ante a confusión que reinaba en Madrid, onde corrían insistentes rumores de que o Goberno ía incautarse do xornal, o seu director Luis de Galinsoga logrou entrar en contacto telefónico co Ministerio de Gobernación para confirmar as súas intencións. O seu interlocutor, o subsecretario de Gobernación, respondeulle que o xornal debía considerarse suspendido ata nova orde e aconsellou ao seu persoal de redacción abandonar a súa sede canto antes dado que o Goberno non respondía das súas vidas. Cando a principio da tarde e en seguimento desa recomendación, o persoal da redacción se dispoñía a desaloxar o edificio, este foi ocupado por un comité sindical.

Poucos días despois, o ata entón subdirector do xornal (e presidente da Asociación da Prensa de Madrid), Alfonso Rodríguez Santamaría, foi detido por algunha das bandas que pululaban por Madrid e fusilado a principios de agosto de 1936. Outros redactores conseguiron salvar a vida, xa fose acolléndose ao refuxio nalgunha embaixada (como o fixo o xornalista e escritor Xacinto Miquelarena), ou escondéndose.

O xornal pasou a ser xestionado por Unión Republicana. En 1938 a súa distribución apenas alcanzaba os 10.000 exemplares diarios e a comezos de 1939 o xornal consistía nun caderno de catro páxinas.

Ao termo da guerra civil, o 'ABC' foi restituído aos seus propietarios orixinais e volveu ser o xornal máis vendido en España.

Transición e democracia

editar

Na democracia rexurdiu o diario baixo a dirección de Luis María Anson. Así, en 2005 era o terceiro xornal máis vendido de España e o máis antigo de Madrid.[2]

En febreiro de 2008 o consello de administración de ABC nomeou a Ángel Expósito como director. O 11 de febreiro anunciouse a fichaxe da plana maior do diario La Razón. O cambio de dirección foi seguido dun significativo aumento de vendas durante o devandito ano. O 8 de setembro de 2010 Bieito Rubido Ramonde substituíu a Ángel Expósito Mora na dirección do xornal.[3][4]

Durante o 2009 realizouse a presentación oficial do fondo documental que alberga ABC.es, dispoñible para todos os públicos de xeito gratuíto, que conta con cinco millóns de páxinas que inclúen, ademais dos máis de 60 000 números do diario que se editaron ata hoxe nas edicións de Madrid e Sevilla, as páxinas de revistas e suplementos da histórica cabeceira.[5]

  1. OJD. "ABC". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2011. Consultado o 25 de xullo de 2011.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  2. «Ángel Expósito, director de ABC en substitución de José Antonio Zarzalejos». ABC (07/02/2008) (en castelán).
  3. «ABC es el periódico nacional que más aumenta sus ventas en 2008». ABC (24/12/2008) (en castelán).
  4. [1] ABC (08/09/2010) (en castelán).
  5. [2] ABC Hemeroteca (en castelán).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar