El Periódico de Catalunya
El Periódico de Catalunya, ou máis simplemente El Periódico, é un diario de información xeral de pago, e distribución matinal, editado en Barcelona (España) en dobre versión, en catalán e en castelán. Ten a súa redacción nun edificio da rúa Consell de Cent, en pleno distrito do Eixample, e conta con correspondentes propios nas principais cidades de todo o mundo.
El Periódico de Catalunya Notícies i última hora per a gent compromesa | |
---|---|
Edicións en castelán (cabeceira vermella) e en catalán (azul) | |
Formato de páxina | Formato berlinés |
Fundación | 1978 |
Director | Enric Hernàndez |
Fundador | Antonio Asensio Pizarro |
Editorial | Grupo Zeta |
Tendencia | Progresismo, centro-esquerda |
Lingua | Catalán e castelán |
Localidade | Barcelona |
Ámbito | Cataluña |
Periodicidade | Diario |
Tiraxe | 168.911 exemplares (2010) |
Na rede | |
http://www.elperiodico.cat/ e https://www.elperiodico.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pertence ao Grupo Zeta e ideoloxicamente está considerado catalanista non nacionalista e progresista. Formalmente caracterízase polo gran tratamento gráfico e a impresión de todas as súas páxinas en cor. No ano 2006 El Periódico ten un prezo de 1 euro de luns a sábado, e de 2 euros os domingos, día en que inclúe a revista "Dominical" e os suplementos "Airbag" e "Cuaderno del Domingo".
Segundo datos certificados pola Oficina de Xustificación da Difusión (OXD) e referidos ao período de xaneiro a decembro de 2010, a media de tirada de El Periódico de Catalunya foi de 168.911 exemplares e a media de difusión de 133.055.[1] Na súa edición dixital os usuarios creceron un 40'5% nun ano 2011-2012 rexistrando un dos maiores incrementos da prensa dixital en España.[2]
Notas
editar- ↑ "Información e Control de Publicacións". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 09 de novembro de 2012.
- ↑ "A web de EL PERIÓDICO crece un 40,5% nun ano, segundo o EGM". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2012. Consultado o 09 de novembro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Periódico de Catalunya |
Ligazóns externas
editar- Sitio web oficial (en catalán)
- Sitio web oficial (en castelán)