Agora Repúblicas

Alianza electoral

Agora Repúblicas é unha coalición electoral formada por varias formacións políticas de tendencia nacionalista e de esquerda política, entre elas ERC, Bildu e o BNG, para concorrer ás Eleccións Europeas de 2019[1].

TraxectoriaEditar

Nos anteriores comicios europeos, os de 2014, Esquerra presentárase en coalición con outras forzas menores catalás, nunha plataforma denominada L'Esquerra pel Dret a Decidir, mentres que o Bloque e Bildu encabezaran unha candidatura, Os Pobos Deciden, á que se sumaron tamén outras forzas nacionalistas menores de Asturias, Aragón e Canarias. L'Esquerra pel Dret a Decidir obtivo 2 eurodeputados, e Os Pobos Deciden, un.

ComposiciónEditar

Agora Repúblicas reservou os postos un, tres e catro da lista para representantes de ERC.[2]

Partido Ámbito Candidatos
Esquerra Republicana de Catalunya Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana Oriol Junqueras, Diana Riba
Euskal Herria Bildu País Vasco, Navarra Pernando Barrena
Bloque Nacionalista Galego Galicia Ana Miranda
Ahora Canarias Canarias
Andecha Astur Asturias
Puyalón de Cuchas Aragón

NotasEditar

  1. Reinero, David. "BNG, ERC y Bildu lanzan en Santiago su coalición para las europeas combinando políticas sociales y derecho a decidir". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-01-25. 
  2. Gil, Andrés; Puente, Arturo (7 de marzo de 2019). "Oriol Junqueras: un candidato para la Comisión Europea preso y en el banquillo por el 'procés'". eldiario.es. Consultado o 7 de marzo de 2019.