Alternativa Nacionalista Canaria

Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) é un partido da esquerda nacionalista canario fundado en 2006.

Alternativa Nacionalista Canaria (ANC)
Partido político das Canarias
Historia
Fundación2006
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo
Independentismo
Socialismo
Ecoloxismo
Feminismo
Anticolonialismo
Posición políticaEsquerda
Outros datos
SedeC/ Calvario 84, 2ºI (La Orotava, Tenerife)
Na rede
www.alternativanacionalistacanaria.org

Obxectivos editar

ANC ten como obxectivo a independencia das Illas Canarias e a construción dunha orde económica e social que consideran máis xusta e equitativa, baseada na teoría socialista. Tamén apostan pola sostibilidade ambiental, as enerxías renovables, o feminismo e a ampliación dos dereitos sociais e individuais.[1]

Historia editar

O partido formouse en 2006 por militantes de Alternativa Popular Canaria contrarios á súa integración en Alternativa Sí Se Puede. Comezaron presentando candidaturas para as eleccións autonómicas, insulares e municipais de 2007. Nas autonómicas e insulares lograron 2.500 votos, mentres que nas municipais conseguiron só 1.100 votos, presentándose en moitos sitios con agrupacións locais, e fixéronse con catro concelleiras. En 2008 obtiveron apenas un milleiro votos nas eleccións xerais.[2]

En 2011, en cambio, o partido experimentou un certo crecemento. Nas eleccións autonómicas do mesmo ano superaron os 6.400 votos en todo o arquipélago, e tamén rozaron os 7.000 votos nas eleccións a cabidos, presentándose en case todas as illas. Tamén melloraron os resultados nas municipais, subindo a 5.000 votos, pero sen lograr concelleiro ningún. Nas eleccións xerais quedaron en 3.100 votos, tamén duplicando os seus resultados.

En 2014 deciden presentarse ás eleccións ao Parlamento Europeo dentro da coalición Os Pobos Deciden, formada por organizacións de esquerda nacionalista de toda España, entre as cales se atopaban Euskal Herria Bildu e o Bloque Nacionalista Galego (BNG).[3]

Alternativa Nacionalista Canaria non se presentou ás eleccións xerais de España de 2015, recomendando aos seus votantes que fosen votar pero suxerindo que votasen grupos afíns á ideoloxía do partido.

Organización editar

ANC organízase nunha asemblea nacional, que é o máximo órgano de dirección do partido. Subordinados a este atópase a executiva nacional, órgano de traballo permanente encargado de áreas concretas, as asembleas insulares e os comités locais.

O partido está organizado principalmente na illa de Tenerife, pero tamén conta cunha presenza importante na illa de Gran Canaria, así como con comités locais en Arrecife e Puerto del Rosario, capitais respectivas das illas de Lanzarote e Forteventura.

Resultados electorais editar

Eleccións ao Congreso editar

Ano Votos % Escanos
2008 1.017 0,0 0
2011 3.172[4] 0,1 0

Eleccións ao Senado editar

Ano Votos % Escanos
2008 4.988 0

Eleccións autonómicas editar

Ano Votos % Escanos
2007 2.539[5] 0,28 0
2011 6.494[6] 0,74 0
2015 5.635 0,60 0

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar