Abrir o menú principal
Logo dos Pobos Deciden.

Os Pobos Deciden (en español e asturiano Los Pueblos Deciden, en vasco Herriek Erabaki, en aragonés Os Pueblos Deciden), é unha coalición política española formada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e integrada por Euskal Herria Bildu (EH Bildu), o Bloque Nacionalista Galego (BNG),[1][2] e outras formacións minoritarias de esquerda nacionalista, como a aragonesa Puyalón de Cuchas,[3] a asturiana Andecha Astur,[4] ou as formacións canarias Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) e Unidad del Pueblo (UP).[5] Tamén recibiu o apoio de Euskal Herria Bai (EH Bai), formación do País Vasco francés que decidiu non presentarse a estas eleccións,[6] así como de Gorripidea, formación proveniente de Zutik.[7]

A coalición está formada por organizacións de esquerda independentista e nacionalista do País Vasco, Navarra, Galicia, Aragón, Asturias e as Canarias co obxectivo común de acadar a autodeterminación dentro de España. O cabeza de lista foi Josu Juaristi de EH Bildu,[8] seguido de Ana Miranda como representante do BNG.[9] Asemade, o escritor Suso de Toro figuraba no posto doce da lista como independiente, dentro da cota do BNG. No caso de obter un único escano, EH Bildu e BNG acordaron repartirse a lexislatura en función dos votos achegados á candidatura.[10]

Tamén se barallou a presenza nesta coalición da Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), que decidiu presentar a súa propia candidatura xunto con dous partidos minoritarios cataláns,[11][12] e da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) e Nós-Unidade Popular,[13] que finalmente rexeitaron presentarse a devandita cita electoral.[14][15]

ResultadosEditar

 
Josu Juaristi (EH Bildu) foi cabeza de lista dos Pobos Deciden.
 
Ana Miranda (BNG) foi a segunda candidata da lista.

Os Pobos Deciden obtivo 326 464 votos (2,08 %)[16] o que lle garantiu obter un eurodeputado. Os mellores resultados obtívoos no País Vasco e Navarra (comunidades onde foi a segunda forza máis votada), así como en Galicia (onde foi a quinta). En función dos acordos adoptados polos partidos integrantes, o candidato de EH Bildu Josu Juaristi mantivo o escano os primeiros tres anos e medio no Parlamento e a candidata do BNG Ana Miranda o restante ano e medio.[17]

Territorio Votos % Posición
  Andalucía 2 184 0,08 % < 10º
  Aragón 1 241 0,27 % < 10º
  Asturias 1 392 0,37 % < 10º
  Canarias 3 424 0,60 % < 10º
  Cantabria 471 0,22 % < 10º
  Castela-A Mancha 529 0,07 % < 10º
  Castela e León 1 358 0,14 % < 10º
  Cataluña 7 248 0,29 % < 10º
  Ceuta 20 0,13 % < 10º
  Comunidade Valenciana 2 081 0,12 % < 10º
  Estremadura 229 0,06 % < 10º
  Galicia 80 394 7,88 %
  Illas Baleares 924 0,34 % < 10º
  A Rioxa 212 0,18 % < 10º
  Madrid 2 570 0,12 % < 10º
  Melilla 9 0,06 % < 10º
  Murcia 355 0,08 % < 10º
  Navarra 44 129 20,21 %
  País Vasco 177 694 23,36 %
España 326 464 2,08 %

NotasEditar

Véxase taménEditar