Zutik (que en éuscaro quere dicir en pé) foi un partido político de esquerdas que tiña o seu ámbito de actuación no País Vasco.

Zutik
Logo
Tipopartido político
IdeoloxíaMarxismo, Anticapitalismo e Basquismo
Área de operaciónPaís Vasco
Data de fundación1991
Data de disolución17 de decembro de 2011
PaísEspaña
Na rede
http://www.zutik.org
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Fundouse en 1991 e tiña a súa orixe no Euskadiko Mugimendu Komunista (EMK) e Liga Komunista Iraultzailea (LKI) que foron dúas escisións de ETA, pero rexeitaba totalmente a violencia etarra por motivos éticos. En Navarra actuaba baixo a denominación de Batzarre.

Zutik estaba afiliada ao Secretariado Unificado da Carta Internacional (organización fundada en 1963 de carácter internacional que agrupa ao conxunto de partidos comunistas trotskistas de ámbito mundial).

Zutik agrupaba nacionalistas e non nacionalistas de esquerdas que crían posíbel unha solución consensuada ao conflito vasco que respecte as diferentes identidades e sensibilidades existentes no conxunto dos territorios que forman Euskal Herria.

Nos diferentes procesos electorais da década dos noventa do século XX pediu o voto para Herri Batasuna e Euskal Herritarrok, coalición na que integrouse en 1999. Deixou a mesma en 2004 cando ETA crebou a tregua e porque durante o proceso de refundación de Batasuna os integrantes de Zutik non coincidiron cos postulados da corrente maioritaria da coalición abertzale. Nas eleccións xerais españolas de 2004 presentouse en coalición con Aralar. Aos seguintes procesos electorais non se ten presentado nin en solitario nin en coalición con calquera outra forza política. Zutik disolveuse o 17 de decembro de 2011.