Abertzale
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2023.) |
O termo abertzale en éuscaro, significa "amante da patria" ou "partidario da patria". Provén da fusión do termo "Aberri(a) ("patria", un neoloxismo creado por Sabino Arana) co sufixo "-(t)zale" (o que ama, amigo de, seareiro). Malia que a tradución máis literal ao galego sería "patriota", adoita empregarse o equivalente "nacionalista éuscaro". Porén, na linguaxe política do Estado español, e sobre todo fóra de Euskadi, emprégase especificamente para nomear aos membros e simpatizantes de Herri Batasuna, aínda que outras formacións políticas éuscaras tamén se recoñecen abertzales.
Diversas entidades e organizacións utilizan o termo abertzale no seu nome:
- Abertzaleen Batasuna (Unión de Abertzales): partido político de Iparralde (Euskadi francés).
- Emakume Abertzale Batza: sección feminina do PNV, ilegalizada durante a guerra civil española no ano 1936.
- Euskal Abertzaletasunaren Museoa (Museo do Nacionalismo Éuscaro).
- Ezker Mugimendu Abertzalea: partido político de Iparralde.
- Gazte Abertzaleak (Mocidade Abertzale): mocidades do partido Eusko Alkartasuna.
- Koordinadora Abertzale Sozialista, KAS (Coordinadora Abertzale Socialista).
- Langile Abertzaleen Batzordeak, LAB (Comisións de Obreiros Abertzales): un dos principais sindicatos éuscaros.
- Ezker Abertzalea (Esquerda Abertzale).
- Nafarroako Sozialista Abertzaleak (Socialistas Abertzales de Navarra)
- Araba, Bizkaia eta Gipuzkoako Sozialista Abertzaleak (Socialistas Abertzales de Áraba, Guipúscoa e Biscaia): nomes que tiveran os grupos parlamentarios de Batasuna e Euskal Herritarrok en diferentes parlamentos.