Sabino Arana Goiri

(Redirección desde «Sabino Arana»)

Sabino Arana Goiri, ou Arana Goiri'tar Sabin segundo o sistema onomástico que desenvolveu, nado en Bilbao o 26 de xaneiro de 1865 e finado en Sukarrieta o 25 de novembro de 1903, foi un político vasco, considerado pai do nacionalismo vasco.

Modelo:BiografíaSabino Arana Goiri

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(eu) Sabin Polikarpo Arana Goiri Editar o valor en Wikidata
25 de xaneiro de 1865 Editar o valor en Wikidata
España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 1903 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Sukarrieta, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza de Addison Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSukarrieta Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaNacionalcatolicismo, oposición á inmigración, Nacionalismo vasco e anticomunismo Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, ideoloxía, Racismo, Literatura éuscara, lingua éuscara e Activismo Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo España
País Vasco Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, activista polo renacemento nacional, xornalista, escritor, activista político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor en Wikidata
MovementoEuskal Pizkundea Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNikolasa Atxika-Allende Editar o valor en Wikidata
PaiSantiago Arana Editar o valor en Wikidata
IrmánsPaulina Arana Goiri
Luis Arana Editar o valor en Wikidata
ParentesVicente de Arana, curmán Editar o valor en Wikidata

Literaturaren Zubitegia: 568 BNE: XX1720373

Traxectoria

editar

Procedente dunha familia carlista da república (elizate) de Abando (actualmente integrada en Bilbao), Sabino iniciou a súa educación en Baiona, capital de Laburdi, no Iparralde, onde se exiliaran en 1873 por mor das ideas carlistas do seu pai.

Despois pasou polo colexio dos xesuítas en Orduña e completou a súa formación estudando filoloxía vasca durante unha larga doenza. Interrompeu os seus estudos de Dereito na Universidade de Barcelona ó morrer a súa nai, en 1888. Dende entón, illado na súa casa de Albia, dedicouse á investigación histórica e filolóxica.

Elaborou moreas de artigos (a maioría sobre temas lingüísticos) que, en 1892, recompilou baixo o título Biscaia pola súa independencia (sic); en 1893 presentounos ante uns cantos adeptos nun acto que representa o arranque da súa actividade política (o chamado «xuramento de Larrazábal»).

Ideoloxía

editar

A súa ideoloxía era basicamente reaccionaria, considerando a raza vasca superior en todo á española. Á parte do referente da lingua, común na maior parte dos nacionalismos europeos dende os románticos alemáns, Sabino dotou ó seu movemento dun aspecto revisionista (non consideraba os foros como unha carta outorgada de autonomía, senón como un código de soberanía) e dun sentir católico, que quedaron reflectidos no seu lema "Deus e leis vellas" (Jaungoikoa Eta Lagi-zarrak). Cría que a decadencia do país se debía á carencia deste código de soberanía. Estábanse a perder a cultura, os costumes, a lingua... en definitiva: a identidade do País Vasco en que vivía e todo polo seu sometemento a leis foráneas.

Fixo obxecto dos seus ataques ós inmigrantes, maketos, que non se integraban nos costumes dos habitantes do País Vasco e facían sentir vergoña ós éuscaro-falantes por non saber castelán ademais de realizar o seu traballo por baixo salario, ós comunistas por atacar as tradicións relixiosas e a propiedade, e ás clases altas liberais corruptas dedicadas á compra-venda de poder tan típica na restauración española.

Arana propoñía naquela época a independencia de Biscaia como vía de recuperación da súa identidade, deixando que cada unha das restantes provincias vascas de España (Hegoalde) e de Francia (Iparralde) percorresen o mesmo camiño pola súa conta, até reunirse todas nunha Euzkadi federal. En 1894 deu o paso definitivo para transformar o seu pensamento nun movemento político: creou o xornal Bizcaitarra clausurado por orde gobernamental e posteriormente Euskaldun Batzokia clausurado polo gobernador civil.

As clases medias e o campesiñado apoiaron activamente o seu movemento intensamente sacudidos pola perda do seu status (quebra dos pequenos negocios, empobrecemento do campesiñado ante os baixos soldos aceptados polos inmigrantes, ataque ós seus sinais de identidade,...). Vían nel a forma de conseguir pacificamente o perdido pola derogación foral de 1876 e imposible de recuperar polas dúas guerras carlistas anteriores.

 
Ikurriña coas proporcións actualmente oficiais

Aplicando as súas ideas sobre filoloxía vasca acuñou un nome para o país: Euzkadi (en detrimento do vocábulo empregado até entón durante séculos, Euskal Herria) e unha bandeira, a ikurriña, pensada nun principio para que fose a bandeira da Biscaia independente aínda que, dada a súa difusión ó longo do País Vasco francés e español se asociou con toda a rexión. En 1895 fundou o Partido Nacionalista Vasco, principal organización política do País Vasco.

Instaurou a celebración do Aberri Eguna (día da nación) o domingo de Pascua de cada ano, comezando co lema "Euzkadi Euzkaldunon Aberria da" (Euskadi é a patria dos vascos). Nos derradeiros anos da súa vida as súas ideas evolucionaron a modos máis moderados, desaparecendo a compoñente étnica nos seus escritos e manténdose a cultural e social.

Na última etapa da súa vida desenvolveu a proposta españolista, o cal supuxo un xiro radical ás teses que viña defendendo: propoñía unha colaboración co goberno español como única vía para acadar os obxectivos de soberanía do partido. Trala súa morte os responsables do PNV foron arreconchegando estas novas achegas ideolóxicas do seu fundador.

A súa morte ceda e con apenas dez anos de activismo político substituíuno á fronte do partido o seu irmán, Luis Arana Goiri.


Predecesor:
Ninguén
(fundador)
  
1º Presidente do Euskadi Buru Batzar
 
1895 - 1903
Sucesor:
Ángel Zabala Ozamiz

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar