Hegoalde (en éuscaro Parte Sur), País Vasco sur, País Vasco español ou País Vasco peninsular son algúns dos distintos nomes que se usan para facer referencia a aqueles territorios do histórico País Vasco baixo administración española, en contraposición a aqueles que están baixo administración francesa, o Iparralde.

O Hegoalde no País Vasco

O Hegoalde atópase ao sur do Bidasoa, río fronteirizo entre España e Francia. Constitúese coas provincias (herrialdes) (de Áraba, Biscaia e Guipúscoa na Comunidade Autónoma Vasca) xuntamente coa provincia de Navarra (Comunidade Foral de Navarra).