Abrir o menú principal

Batasuna (en éuscaro, Unidade) foi un partido político vasco independentista e de esquerdas, considerado o brazo político da organización armada Euskadi Ta Askatasuna segundo a xustiza española e a Unión Europea.[1] Con presenza na Comunidade Autónoma Vasca, Navarra e Iparralde. Formaba parte da chamada esquerda abertzale e do Movemento de Liberación Nacional Vasco (MLNV).

Batasuna
Partido político do País Vasco e Navarra
Ilegalizado en España
Logotipo de Batasuna.svg
Dirixentes e organización
LíderArnaldo Otegi
(Voceiro)
Xabier Larralde
MocidadesSegi
Historia
Fundación23 de xuño de 2001
Disolución3 de xaneiro de 2013
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo vasco
Independentismo
Socialismo
Anticapitalismo
Outros datos
SedePamplona/Iruña

Defendía a independencia do País Vasco de España e Francia (Euskal Herria), así como o desenvolvemento dunha sociedade socialista que respecte os principios sociais, culturais e políticos característicos do pobo vasco. Para acadar este obxectivo, defenden o principio da revolución social.

HistoriaEditar

No ano 2001 Aralar, que actuaba como corrente crítica, decidiu non participar no proceso fundacional de Batasuna e formouse como partido independente.

No ano 2003 foi declarada ilegal no territorio español, cando a Xustiza, coa sentenza do Tribunal Supremo do 28 de marzo de 2003, estimou a súa pertenza á rede política e financeira da organización terrorista ETA. Ao tratarse dun partido político ilegal, non pudo presentarse ás eleccións celebradas en territorio español desde aquel ano, así como ten prohibido tamén celebrar actos institucionais. Esta incluída pola UE na Lista da Unión Europea de grupos terroristas, decisión que o Consello Europeo de ministros de xustiza e interior aprobou por unanimidade en xuño de 2003.

Continuou sendo legal en Francia, onde era membro da coalición Euskal Herria Bai, mantivo a súa unidade como unha organización política ata a súa disolución o 3 de xaneiro de 2003.[2]

NotasEditar

  1. "Lista de persoas e organizacións terroristas" (en castelán). 27 de xullo de 2003. 
  2. "Batasuna anuncia su autodisolución para adaptarse al nuevo ciclo político". Naiz (en castelán). 3 de xaneiro de 2003. 

Véxase taménEditar