Langile Abertzaleen Batzordeak
Langile Abertzaleen Batzordeak ou LAB, (Comisións de Obreiros Patriotas) é un sindicato vasco nacionalista e de clase, integrado na esquerda abertzale, e considerado parte do Movemento de Liberación Nacional Vasco.
Langile Abertzaleen Batzordeak (LAB) | |
---|---|
Sindicato do País Vasco | |
Líder | Garbiñe Aranburu (Secretaria Xeral) |
Fundación | 1974 |
Sede | Pokopandegi Bidea, 9, 20018 Donostia |
Ideoloxía | Independentismo vasco Socialismo |
Filiación internacional | Federación Sindical Mundial |
Afiliados | 45.000 |
Publicación | Iraultzen |
www.lab.eus |
Historia e características
editarFoi fundado finais de 1974, como unha organización de masas e movemento asembleario para a liberación da crase obreira vasca, tanto desde un punto de vista nacional como social, recollendo neste momento unha tradición obreirista e abertzale que estivera nas primeiras Comisións Obreiras representativas, así como na organización Comisións Obreiras Abertzales (COA). Entre os seus fundadores máis coñecidos figuran o líder abertzale Jon Idigoras, que participou nas súas primeiras asembleas e formou parte da dirección, así como José Luis Cereceda, Martin Auzmendi ou Xabier Elorriaga. En 1977, por decisión da Asemblea Nacional, LAB pasa de ser un movemento asembleario a sindicato, procedéndose á súa inscrición e legalización nos rexistros correspondentes.
Na actualidade supera os 45.000 afiliados cotizadores, mantén arredor dun 16% de representatividade nos territorios nos cales actúa e o seu secretario xeral é Rafael Díez Usabiaga. Logo da ilegalización de Batasuna en 2002, o sindicato LAB é a única organización importante do Movemento de Liberación Nacional Vasco que permanece na legalidade. A partir do seu congreso do ano 2000, celebrado en Donostia, estendeu a súa actividade sindical aos territorios de Lapurdi, Zuberoa e Baixa Navarra, en Iparralde.