Andecha Astur

Andecha Astur (AA) é un partido político nacionalista asturiano de esquerdas. O secretario xeral do partido foi Arturu Xosé Bermeyu dende a súa formación ata o 2007. O secretario actual é Daniel Cueli.

Andecha Astur
MocidadesDarréu
Filiación internacionalAgora Repúblicas
Historia
Fundación1990
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo asturiano, socialismo e republicanismo
Representación
Congreso dos Deputados0/350 asentos
Xunta Xeral do Principado de Asturias0/45 asentos
Senado de España0/265 asentos
Outros datos
SedeXixón
Páxina webwww.andecha.org
Twitter@andechaastur
Facebook@andechaastur
"Asturina". Bandeira nacionalista asturiana que emprega habitualmente Andecha Astur

HistoriaEditar

Fundado en 1990, aínda que até agora non ten acadada representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias en ningunha lexislatura das 3 ás que se presentaron. Nas eleccións municipais de 2003 tiveron 4.250 votos (0,7%) e conseguiron dous concelleiros, un en Riosa e outro en Carreño. Nas autonómicas tiveron 3.821 votos (0,63%).

En 2004 presentouse ás eleccións ó Parlamento Europeo dentro da coalición Europa dos Pobos e tivo 1.677 votos (0,38%). Nas eleccións xerais de 2004 conseguiu 1.970 votos (0,28%).

En 2007 presentase ás eleccións municipais e autonómicas, onde obtén 2.100 e 2.727 votos, respectivamente e ningún concelleiro nin deputado.

IdeoloxíaEditar

Andecha Astur é unha organización política nacionalista de esquerdas. Entre as súas bases ideolóxicas atópanse:

Postura respecto ó galego de AsturiasEditar

Andecha Astur non recoñece que no occidente de Asturias se fale galego e periodicamente denuncia agresións da TVG, do goberno galego e do Bloque Nacionalista Galego nunha suposta política de imposición do galego sobre unha fala que eles consideran que pertence en exclusiva á cultura asturiana [1] [2][Ligazón morta] baixo o lema Asturies: un pueblu, una llingua

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar