Europa dos Pobos
Europa dos Pobos (EdP) é unha coalición de partidos políticos nacionalistas de esquerda de diversas rexións de España, formada inicialmente para participar nas Eleccións ó Parlamento Europeo de xuño do 2004, nas cales acadaron un escano que ocupou Mikel Irujo. A coalición reivindica, entre outros, a constitución das institucións europeas nunha estrutura bicameral; o recoñecemento oficial a nivel europeo de tódalas linguas do continente; o desenvolvemento de eurorrexións; e unha maior transparencia e apertura na xestión da Unión Europea.
Europa dos Pobos | |
---|---|
Tipo | partido político ![]() |
Ideoloxía política | national and regional identity in Spain (en) ![]() ![]() |
Data | |
Fundación | 2004 ![]() |
Cronoloxía | |
Precedido por | Nationalist Coalition–Europe of the Peoples (en) ![]() ![]() |
Substitúe a | Nationalist Coalition–Europe of the Peoples (en) ![]() ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | europadelospueblos.net ![]() |
[ Wikidata ] |
Partidos membros
editarOs partidos que compoñen Europa dos Pobos son:
- Cataluña: Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)
- País Vasco: Eusko Alkartasuna (EA)
- Aragón: Chunta Aragonesista (CHA)
- Andalucía: Partido Socialista de Andalucía (PSA)
- Asturias: Andecha Astur (AA)
- Cantabria: Conceju Nacionaliegu Cántabru (CNC)
- A Rioxa: Iniciativa Ciudadana (ICLR)
Alternativa Popular Canaria non formou parte da coalición, se ben pediu o voto para a mesma.