Alternativa Popular Canaria
Alternativa Popular Canaria (APC) é un partido nacionalista canario de esquerda formado en 2002, membro do Movemento de Liberación Nacional de Canarias (MLNC). A súa creación foi impulsada pola organización xuvenil Azarug e algúns partidos de ámbito municipal, así como persoas a título individual procedentes de organizacións da esquerda nacionalista.
Alternativa Popular Canaria (APC) | |
---|---|
Partido político das Canarias | |
Historia | |
Fundación | 2002 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo, independentismo, socialismo, ecosocialismo |
Posición política | Esquerda revolucionaria |
Outros datos | |
Sede | Avenida de la Trinidad, nº 2 (Esquina C/Herradores) Planta 2ª Izquierda. CP 38202 La Laguna - Aguere (Tenerife) |
Na rede | |
[1] | |
Integrado en Alternativa Sí se Puede por Tenerife desde 2007. | |
En 2003 celegbrouse a súa primeira asemblea[1] e nas eleccións autonómicas de 2003 obtivo 6.737 votos, un 0,73 %, mentres que nas eleccións municipais do mesmo ano obtivo un concelleiro en Santa Úrsula (Tenerife). En La Orotava presentouse como Iniciativa por La Orotava (Ipo) con Los Verdes de Canarias e obtivo cinco concelleiros. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de xuño de 2004, Alternativa Popular Canaria pediu o voto para a coalición Europa dos Pobos.
O 25 e o 26 de xuño de 2005 o partido celebrou a súa II Asemblea Nacional, e o 16 de setembro de 2006 a III Asemblea Nacional. En 2006 sufriu en Tenerife unha división da que xurdiu un novo partido chamado Alternativa Nacionalista Canaria.
Nas eleccións ao Parlamento das Canarias de 2007 presentouse en coalición con Alternativa Ciudadana 25 de Mayo e obtivo 4.824 votos, o 0,51 %.[2] Nas eleccións municipais perdeu o seu concelleiro en Santa Úrsula e en La Orotava gañou tres concelleiros. Tanto no Cabido de Tenerife como nos concellos de Santa Cruz de Tenerife, San Cristóbal de la Laguna, Granadilla de Abona, Buenavista del Norte e Tacoronte, apoiou a Alternativa Sí se Puede por Tenerife, opción política na que se integra a Alternativa Popular Canaria.
Na súa primeira Conferencia Nacional, en 2008, decidiu non participar nas Eleccións Xerais de España de 2011 e centrar todos os seus esforzos na consolidación de Alternativa Sí se Puede por Tenerife de cara ás seguintes convocatorias electorais de carácter local e autonómico.[3] Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 pediu o voto para a Iniciativa Internacionalista.
Notas
editar- ↑ "Alternativa Popular Canaria definir las líneas de su programa" (en castelán).
- ↑ "Elecciones Parlamento de Canarias 1983 - 2011" (en castelán).
- ↑ "Alternativa Popular Canaria celebró su E Conferencia Nacional en Aguere" (en castelán).