Parlamento das Canarias

parlamento autonómicas

O Parlamento das Canarias[1] é o órgano electo que exerce o poder lexislativo, aproba os orzamentos da comunidade autónoma das Canarias e impulsa e controla a acción do Goberno Canario. Representa, así mesmo, aos cidadáns das Canarias. A súa sede atópase en Santa Cruz de Tenerife.

Parlamento autonómico das Canarias

Historia

editar

Como no caso doutras rexións de España, a partir da Constitución de 1931 durante a Segunda República inténtase constituír unha comunidade autónoma nas Canarias coa presentación dun Estatuto. Os dous proxectos realizados pola Mancomunidade Provincial Interinsular de Santa Cruz de Tenerife, e o Colexio de Axentes Comerciais das Palmas, e o proxecto unificado posterior das dúas Mancomunidades Provinciais, prevían a creación dun Parlamento Canario. O estalido da Guerra Civil e o seu posterior desenvolvemento imposibilitaron, no entanto, a súa posta en práctica.[2]

O Parlamento das Canarias naceu trala aprobación do Estatuto de Autonomía das Canarias en 1982, aínda que anteriormente existía unha institución preautonómica que cumpría a súa función. O 30 de maio de 1983 realizou a súa primeira sesión na súa actual sede baixo a presidencia de Pedro Guerra Cabrera; en conmemoración, o 30 de maio de cada ano celébrase o Día das Canarias.

Organización

editar

A Cámara está constituída por sesenta deputados autonómicos; as illas de Tenerife e Gran Canaria elixen 15 deputados cada unha, as illas de La Palma e Lanzarote 8 cada unha, Fuerteventura elixe 7 deputados, e La Gomera e El Hierro, 4 e 3 deputados respectivamente. Estes son elixidos por un prazo de catro anos por sufraxio universal, directo, igual, libre e segredo.

A distribución dos deputados por illas non se corresponde estritamente a un criterio de poboación, senón que se basea no que se chamou a tripla paridade. Esta consiste en que ambas provincias teñan igual número de deputados, que tamén ambas illas con capitais (Tenerife e Gran Canaria) teñan o mesmo número de deputados e que a suma dos deputados do resto das illas sexa o mesmo que o da suma dos de Tenerife e Gran Canaria. Esta distribución provoca o paradoxo de que dentro da mesma comunidade autónoma atópense varias das circunscrición electorais autonómicas con maior índice de representatividade de España e tamén algunhas das que ostentan un dos menores índices.

Durante a primeira sesión plenaria da lexislatura, trala celebración das eleccións elíxese, por maioría absoluta dos seus membros, un presidente, dous vicepresidentes e dous secretarios, que van constituír a Mesa. A Cámara, reúnese cada ano en dous ciclos ordinarios de sesións, de 120 días cada un, de marzo a xuño e de outubro a xaneiro.

O Parlamento pode traballar en Pleno ou en Comisións e conta cun Regulamento específico no que se dilucidan as características máis concretas das sesións, como son a formación de Grupos Parlamentario e o funcionamento da Deputación Permanente. Tamén responde a outros asuntos que afecten aos procedementos lexislativos ou de control político.

En principio, os acordos tómanse por maioría simple, a condición de que o Estatuto de Autonomía non estableza unhas condicións especiais que requiran doutros sistemas de maiorías.[3]

 
Fachada do Parlamento das Canarias.
 
Parlamento das Canarias coa escultura de Martín Chirino.
 
Escultura de Martín Chirino no patio.

Funcións

editar

O Parlamento ten potestade, segundo queda establecido no artigo 13 do Estatuto de Autonomía das Canarias[3] de:

  • Elaborar as leis da Comunidade Autónoma.
  • Aprobar os Orzamentos da mesma.
  • Controlar politicamente a acción do Goberno Canario.
  • Designar, de entre os seus membros e para cada lexislatura do Parlamento das Canarias, aos Senadores representantes da Comunidade Autónoma nas Cortes Xerais, asegurando a adecuada representación proporcional. A aceptación da súa designación comporta a renuncia á súa condición de deputado.
  • Solicitar do Goberno do Estado a adopción e presentación de proxectos de lei, e presentar directamente proposicións de lei ante as Cortes Xerais, de acordo co artigo 87.2 da Constitución.
  • Interpoñer recursos de inconstitucionalidade e acudirse ante o Tribunal Constitucional nos supostos e nos termos que prevé a Constitución.
  • Exercer calquera outra atribución que lle asignen as Leis.

O edificio do Parlamento das Canarias, situado na céntrica rúa Teobaldo Power da cidade de Santa Cruz de Tenerife, foi proxectado polo arquitecto Manuel de Oraá en 1883. Desde que se construíse para albergar a sede da Sociedade Musical Santa Cecilia ata o seu presente uso como Parlamento das Canarias, serviu de lugar de reunión dos representantes da Deputación Provincial, os membros da Mancomunidade de Cabidos do Arquipélago e os maxistrados da Audiencia.

Foi en decembro de 1982 cando o Parlamento Provisional das Canarias instalouse neste edificio, compartindo durante os dous anos seguintes as súas instalacións co Conservatorio de Música que tiña alí a súa sede. Tras este período, o Conservatorio trasládase e o edificio convértese en sede definitiva e exclusiva do Parlamento das Canarias. Co fin de adaptarse aos seus novos cometidos, foi sufrindo numerosas remodelacións e ampliacións a través de diversos edificios históricos que rodean ao principal.

O Parlamento contén unha colección de obras de artistas como César Manrique, Pedro González, Félix Bordes, Pepe Dámaso ou José Abad. A espiral que se aprecia nas esculturas de Martín Chirino do patio e do tellado (esta creando un grande arco) constitúe o símbolo do Parlamento.

Lista de presidentes

editar

Asemblea de Parlamentarios Canarios (Preautonomía)

editar
Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partido
Antonio González González 1977 1978 Independente
José Luis Tomás Mederos Aparicio Xuño de 1980 Xuño de 1981 UCD
Pedro Guerra Cabrera 1982 30 de maio de 1983 PSOE

Parlamento das Canarias (Autonomía)

editar
Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partido
Pedro Guerra Cabrera 30 de maio de 1983 15 de xullo de 1987 PSOE
Victoriano Ríos Pérez 15 de xullo de 1987 27 de xuño de 1995 CC
José Miguel Bravo de Laguna Bermúdez 27 de xuño de 1995 18 de xuño de 2003 PP
Gabriel Mato Adrover 18 de xuño de 2003 25 de xuño de 2007 PP
Antonio Ángel Castro Cordobez 25 de xuño de 2007 Actualidade CC

Composición actual

editar

Grupos parlamentarios

editar

Grupos parlamentarios no Parlamento das Canarias durante a VIII Lexislatura

Nome Partido Portavoz Líder Escanos
Grupo Parlamentario Popular (PP) PP María Australia Navarro de Paz José Manuel Soria López 21
Grupo Parlamentario Rexionalista (CC) CC José Miguel Barragán Cabrera Claudina Morales 21
Grupo Parlamentario Socialista (PSIC-PSOE) PSOE Francisco Manuel Fajardo Palarea José Miguel Pérez García 15
Nueva Canarias(NC) NC Román Rodríguez Rodríguez Román Rodríguez Rodríguez 3
Titular Cargo Partido
Antonio Ángel Castro Cordobez Presidencia Coalición Canaria
Julio Cruz Hernández Vicepresidente 1º PSOE
Manuel Fernández González Vicepresidente 2º PP
José Miguel González Hernández Secretaria 1º Coalición Canaria
Águeda Montelongo González Secretaria 2º PP

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar