Chunta Aragonesista

partido político nacionalista aragonés de esquerdas
(Redirección desde «CHA»)

A Chunta Aragonesista[a] (CHA, tamén coñecido como Chunta ou La Chunta) é un partido político nacionalista aragonés de esquerdas. Foi creado en 1986 trala unión de varias asociacions culturais, sociais, pacifistas e nacionalistas aragonesas.

Chunta Aragonesista (CHA)
Partido político de Aragón
Dirixentes e organización
LíderJosé Luis Soro
MocidadesChoventut Aragonesista
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Historia
Fundación29 de xuño de 1986
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo aragonés
Socialdemocracia
Federalismo[1]
Europeísmo
Ecoloxismo
Ecosocialismo[2]
Representación
Cortes de Aragón
3 / 67
Deputacións provinciais
2 / 77
Alcaldes
19 / 713
Concelleiros
147 / 4.155
Outros datos
SedeRúa Conde de Aranda 14-16, 1º 50003 Zaragoza
PublicaciónCHArremos
Na rede
chunta.org
BNE: XX99551

Ideoloxía

editar

Considéranse influídos polas experiencias do movemento socialista, dos movementos pola emancipación social e nacional, e das correntes ecopacifistas, feministas e humanistas. Ten sido un dos partidos que máis se ten pronunciado en defensa do Ebro e contra a política de transvasamentos dos gobernos de España. Defenden o dereito de autodeterminación para o pobo aragonés. Buscan tamén o recoñecemento oficial do idioma aragonés e do catalán naqueles lugares onde se fale. A Chunta Aragonesista é membro da Alianza Libre Europea e da coalición europea Europa dos Pobos.

Historia

editar

Nacemento e primeiros pasos

editar

Despois da efervescencia na esquerda de Aragón causada polo Referendo sobre a permanencia de España na OTAN e tras a posta en funcionamento das novas institucións autonómicas, o 29 de xuño de 1986 un centenar de persoas, vinculadas a diversas asociacións culturais, sociais, pacifistas e nacionalistas, reunidas nunha asemblea constutuínte, decidiron crear un novo partido político, nacionalista aragonés e de esquerda. O primeiro nome foi o de Unión Aragonesista-Chunta Aragonesista (UA-CHA). O 20 e 21 de decembro a UA-CHA celebrou en Zaragoza a súa I Asemblea Nacional (congreso), co lema trilingüe Porque ya era hora. Porque ya caleba. Perquè ja calia. Nesta asemblea o partido escolleu os seus primeiros presidentes, Eduardo Vicente de Vera e Chesús Bernal, respectivamente.

O 10 de xullo de 1987 a CHA concorreu por primeira vez a unhas eleccións, concretamente á tripla convocatoria electoral dese mes (Cortes de Aragón, municipais e eleccións ao Parlamento Europeo). Os resultados foron escasons, apenas 6.154 votos (1% do total nas autonómicas), aínda que conseguiron os seus primeiros representantes locais no concello de Artieda.[3] Nas eleccións ao Parlamento Europeo participaron na coalición Esquerda dos Pobos, xunto a Euskadiko Ezkerra e a outros partidos nacionalistas, que non logrou obter representación.

Azucena Lozano asumiu a presidencia do partido na súa II Asemblea Nacional, celebrada en Huesca o 17 e 18 de decembro de 1988, co lema bilingüe Recuperar el pasado, construir el futuro. Rechirar o pasau, fer o futuro. No seu equipo continuou Chesús Bernal como secretario xeral e houbo a incorporación de Bizén Fuster como vicepresidente. No ano seguinte (1989), tiveron lugar unhas novas eleccións ao Parlamento Europeo, nas que Juan María Bandrés, cabeza de lista da Esquerda dos Pobos, da que CHA formou novamente parte, consegue ser escollido eurodiputado. Nas eleccións xerais do mesmo ano CHA mellorou levemente os seus resultados. Nesta etapa de crecemento é cando o partido decide adoptar como única denominación a forma aragonesa do seu nome orixinal, Chunta Aragonesista, e as siglas CHA.

Consolidación e crecemento

editar

Durante os anos 90 a CHA experimentaría un crecemento continuo nas diversas convocatorias electorais da década. Nas eleccións autonómicas de 1991 o partido quedou moi preto de obter representación nas Cortes de Aragón grazas a un importante aumento de votantes nas provincias de Zaragoza e Huesca. Nas eleccións municipais dese ano o partido tamén escolleu os seus primeiros alcaldes, nas localidades de Artieda e Castillazuelo, así como representación en concellos importantes como Teruel ou Jaca/Chaca.[4] Nestes anos a Chunta gañaría proxección nos medios, en especial grazas ás súas protestas contra o trasvase do río Ebro.

 
Chesús Bernal e Chesús Yuste, primeiros deputados da CHA nas Cortes de Aragón.

A IV Asemblea Nacional, celebrada na capital aragonesa en xaneiro de 1995 supuxo a elección de Bizén Fuster como presidente, Chesús Bernal como secretarío xeral e Chesús Yuste como vicesecretario xeral. Nas eleccións autonómicas e locais do 28 de maio do mesmo ano o partido obtivo por primeira vez dous deputados nas Cortes (Bernal e Yuste), así coma nos principais concellos de Aragón (Zaragoza, Huesca e Teruel) e conseguindo unha terceira alcaldía (Biscarrués).

Resultados electorais

editar

Cortes de Aragón

editar
Cortes de Aragón
Elección Votos % Posto Deputados +/– Líder Goberno
Situación Período
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1987 6.154 0,96%
0 / 67
 0 Eduardo Vicente Sen presenza nas Cortes 1987–1995
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1991 14.116 2,30%
0 / 67
 0 Chus Beltrán
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1995 34.077 4,85%
2 / 67
 2 Chesús Bernal Oposición 1995–2015
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1999 72.101 11,04%
5 / 67
 3
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2003 97.763 13,71%
9 / 67
 4
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2007 54.752 8,15%
4 / 67
 5
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2011 55.932 8,23%
4 / 67
 0 Nieves Ibeas
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2015 30.618 4,58%
2 / 67
 2 José Luis Soro Goberno de coalición (PSOE–CHA) 2015–2019
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2019 41.879 6,26%
3 / 67
 1 Goberno de coalición (PSOEP's–CHA–PAR) 2019–actualidade

Símbolos

editar

Véxase tamén

editar
  1. Barberà, O., & Rodríguez, J. (2009). Los partidos de ámbito no estatal en Aragón: el Partido Aragonés y la Chunta Aragonesista. Papers: revista de sociologia, (92), 171-195. pp. 186.
  2. Nordsieck, W. (2018). Parties and Elections in Spain.
  3. "Consulta de resultados electorales. Ministerio del Interior". www.infoelectoral.mir.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-08. 
  4. Barberà, O., & Rodríguez, J. (2009). Los partidos de ámbito no estatal en Aragón: el Partido Aragonés y la Chunta Aragonesista. Papers: revista de sociologia, (92), 171-195. pp. 187.
  1. "Chunta" é unha palabra aragonesa que quere dicir "unión", e non "xunta" como a palabra similar galega.