Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009
As eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 tiveron lugar entre o 4 e o 7 de xuño dese ano, celebrándose por primeira vez ao mesmo tempo nos 27 estados membros.
Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 | |
---|---|
← 2004 2014 → | |
Data | 7 de xuño de 2009 |
Tipo | eleccións ao Parlamento Europeo |
Cargo elixido | 736 eurodeputado ≈ VII lexislatura do Parlamento Europeo. Duración do mandato: 5 |
Resultado da votación | |
Data
editarAs eleccións celebráronse entre o xoves 4 e o domingo 7 de xuño, para seguir os costumes dos distintos países sobre o día habitual de votación. O primeiro país en votar foi o Reino Unido.
Celebráronse ao mesmo tempo que as eleccións ao parlamento europeo outros comicios:
- As eleccións lexislativas en Luxemburgo
- As eleccións lexislativas en Bulgaria
- As eleccións locais en Irlanda
- O referendo de reforma da lei de sucesión ao trono dinamarqués, para concederlle ás mulleres os mesmos dereitos sucesorios ca aos homes.
Tamén é posíbel que coincidan coas eleccións europeas as eleccións locais parciais en Inglaterra e Gales, así como as eleccións galegas.
Novidades
editarA principal novidade nestes comicios, ademais da votación ao mesmo tempo en 27 países, consiste na reasignación de escanos como consecuencia da incorporación de Bulgaria e Romanía. Ademais, se se aprobase o Tratado de Lisboa antes da celebración das eleccións, entraría en vigor a noca repartición de europarlamentarios por países, que difire dos que ditamina o Tratado de Nisa.
Distribución de eurodeputados no Parlamento Europeo para as eleccións de 2009 | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado membro | 2007 | 2009 Niza |
2009 Lisboa |
Estado membro | 2007 | 2009 Nisa |
2009 Lisboa |
Estado membro | 2007 | 2009 Nisa |
2009 Lisboa | ||
Alemaña | 99 | 99 | 96 | República Checa | 24 | 22 | 22 | Eslovaquia | 14 | 13 | 13 | ||
Francia | 78 | 72 | 74 | Grecia | 24 | 22 | 22 | Irlanda | 13 | 12 | 12 | ||
Italia | 78 | 72 | 73 | Hungría | 24 | 22 | 22 | Lituania | 13 | 12 | 12 | ||
Reino Unidoa | 78 | 72 | 73 | Portugal | 24 | 22 | 22 | Letonia | 9 | 8 | 9 | ||
España | 54 | 50 | 54 | Suecia | 19 | 18 | 20 | Eslovenia | 7 | 7 | 8 | ||
Polonia | 54 | 50 | 51 | Austria | 18 | 17 | 19 | Chipre | 6 | 6 | 6 | ||
Romanía | 35 | 33 | 33 | Bulgaria | 18 | 17 | 18 | Estonia | 6 | 6 | 6 | ||
Países Baixos | 27 | 25 | 26 | Finlandia | 14 | 13 | 13 | Luxemburgo | 6 | 6 | 6 | ||
Bélxica | 24 | 22 | 22 | Dinamarca | 14 | 13 | 13 | Malta | 5 | 5 | 6 | ||
a Inclúe Xibraltar, pero ningún outro territorio de alenmar, bases aéreas ou dependencias da Coroa. b O presidente do Europarlamento non se conta de forma oficial, o que deixa unha suma de 750 europarlamentarios. Os países en cursiva teñen circunscricións interiores. |
Total: | 785 | 736 | 751b |
Novos partidos
editarAdemais dos partidos tradicionais de cada país, que se presentan en cada unha das circunscricións, por primeira vez participarán formacións políticas que compiten en todos ou case todos os estados membros baixo a mesma denominación (Newropeans, Europa Unida e Europa, Democracia, Esperanto), e que non son o resultado da coalición posterior de partidos que xa operaban independentemente nos seus territorios.
As eleccións en Galicia
editarOs comicios celebraranse en Galicia o 9 de xuño. Galicia non é unha circunscrición propia nas eleccións europeas, como si sucede con algunhas divisións territoriais noutros países da Unión Europea, polo que os seus votos se sumarán aos emitidos no resto de España, e entre eles repartirán os 50 ou 54 escanos (dependendo de se se aplica o Tratado de Nisa ou o de Lisboa).
Resultados das eleccións de 2004
editarOs resultados das eleccións de 2004 en España foron os seguintes:
Partido ou coalición | Votos | % | Eurodeputados | Votos en Galicia | % |
Partido Socialista (PSOE) | 6 741 112 | 43,7 | 25 | 416.573 | 36,2 |
Partido Popular (PP) | 6 393 192 | 41,5 | 24 | 549.073 | 47,72 |
GalEusCa (CiU, PNV, BNG...) | 798.816 | 5,2 | 2 | 141.756 | 12,32 |
Izquierda Unida (IU) | 643.136 | 4,1 | 2 | 17.626 | 1,53 |
Europa dos Pobos (ERC, EA, ChA...) | 380.709 | 2,5 | 1 | 851 | 0,07 |
Coalición Europea (CC, PAR, PA...) | 197.231 | 1,27 | - | 1.545 | 0,13 |
Os Verdes (LV-GV) | 68.536 | 0,44 | - | 2.677 | 0,23 |
Partido do Cánnabis | 54.460 | 0,35 | - | 3.398 | 0,3 |
Outros | 140.176 | 0,90 | - | 9.503 | 0,83 |
Candidaturas
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
As candidaturas foron oficialmente dadas a coñecer en diferentes datas, e o Ministerio do Interior publicounas o 6 de maio[1].
Coalición por Europa
editarIntegrada por Convergència Democràtica de Catalunya, Unió Democràtica de Catalunya, Partido Nacionalista Vasco, Coalición Canaria, Bloc Nacionalista Valencià e Partido Andalucista.
Iniciativa Feminista
editarPartido Popular
editarPartido Socialista Obrero Español
editarEn xullo de 2008, unha filtración a un medio de comunicación sinalou que o candidato dos socialistas sería[2] o exministro canario, Juan Fernando López Aguilar, pero ese extremo non foi confirmado pola formación política.
Notas
editar- ↑ "Candidaturas na web do Ministerio". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2009. Consultado o 07 de maio de 2009.
- ↑ López Aguilar será el candidato del PSOE en la elecciones europeas, El País, 2/7/08