Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009

oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.[1]

Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009
Data1 de marzo de 2009 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións ao Parlamento de Galicia Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido75 deputado do Parlamento de Galicia ≈ VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado2.648.276 Editar o valor em Wikidata
1.706.198
   64.43٪
Ponto percentual (pt) 0.22
Número de votos válidos1.662.904    Número de votos en branco 28.071   Número de votos nulos 15.223
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
2>
Partido Popular de Galicia  — Alberto Núñez Feijóo
789.427   47.47٪
Ponto percentual (pt) 1.66
Deputado 37 → 38 Número de escanos 1
2>
PSG PSOE  — Emilio Pérez Touriño
524.488   31.54٪
Ponto percentual (pt) 2.1
Deputado 25 → 25
2>
Bloque Nacionalista Galego  — Anxo Quintana
270.712   16.28٪
Ponto percentual (pt) 2.61
Deputado 13 → 12 Número de escanos 1

Editar o valor em Wikidata
Investidura presidencial de Galicia de 2009 Editar o valor em Wikidata
Substitúe:Persoa elixida:
Emilio Pérez TouriñoAlberto Núñez Feijóo Editar o valor em Wikidata
 ← 2005 Editar o valor em WikidataGalicia Editar o valor em Wikidata 2012 Editar o valor em Wikidata  → 

Data de celebración editar

 
Campaña do BNG - febreiro 2009 en Santiago de Compostela.

Tendo en conta que as eleccións de 2005 se celebraron o 19 de xuño, o último día posible para a celebración dos comicios de 2009 era o 14 de xuño. Malia a existencia de ruxerruxes sobre un adianto electoral, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, negou tal posibilidade.[2] Finalmente, si que se produciu un adianto de tres meses, pois foron convocadas para o 1 de marzo de 2009.[3]

Candidatos editar

Os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia foron:

Candidatos por circunscricións editar

Nas eleccións ao Parlamento Galego existen catro circunscricións, e cada unha delas corresponde coas provincias. Malia o gran número de electores censados no estranxeiro, estes non teñen circunscrición de seu.

Candidatos por circunscricións

Partido A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
PP Carlos Negreira Raquel Arias Carmen Pardo[11] Alberto Núñez Feijóo
PSdeG-PSOE Mar Barcón Ricardo Varela Sánchez Pachi Vázquez Emilio Pérez Touriño
BNG Anxo Quintana Fernando Blanco Álvarez Alfredo Suárez Canal Teresa Táboas
EU-IU[12] Yolanda Díaz Carlos Anxo Portomeñe Carmen Iglesias Sueiro Juan Manuel Fajardo
TeGa Xoán Gato Melina Paz Javier Novoa María Isabel Barros
Máis Galicia Xermán Tobío Ramón López Díaz non presenta Alfredo Bea
UPyD José Anido Luis Alejandro Pérez de Llano Aser García Andrés Wenceslao Mosquera
FPG Xiana López Penedo Xosé Manuel Seixas Brais Fidalgo Xosé Luís Méndez Ferrín
NÓS-UP Gemma Branco Martins Zéltia Fernandes Lamas Paula Alonso Riveira Noa Rios Bergantinhos

Tamén se presentaron os seguintes partidos ou formacións[13]: Nas catro circunscricións preséntanse Por un mundo más justo, Nós-Unidade Popular e Partido Humanista. Ademais, Os Verdes - Grupo Verde preséntase na Coruña e en Pontevedra; Falange Española de las JONS e Galicia Unida (ambas as dúas en Lugo e Ourense); Unión Centrista Liberal, Solidaridad y Autogestión Internacionalista, e Asamblea de Votación Electrónica só na Coruña, Democracia Ourensana só en Ourense e Partido Social y Democrático de Derecho só en Pontevedra.

Sondaxes editar

Partido Medio
data
La Voz de Galicia[14]
19 de setembro de 2008
Xornal[15]
18 de xaneiro de 2009
La Razón[16]
18 de xaneiro de 2009
Antena 3 Televisión[17]
22 de xaneiro de 2009
La Voz de Galicia[18]
25 de xaneiro de 2009
La Región[19]
1 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 43 35 -2 40,8 33-34 -3/-4 44,4 35-37 -2/0 41,2 35-36 -1/-2 42,8 35 -2 37-38 =/+1
PSdeG-PSOE 30,8 26 +1 34,3 25-26 +1/= 32 24-25 -1/= 34,9 26-27 +1/+2 31,7 26 +1 25 =/+1
BNG 18,3 14 +1 21,7 16 +3 20,1 14-15 +1/+2 19,4 13 = 18,5 14 +1 11-13 -2/=
Outros - 0 = - 0 = - 0 = 4,5 0 = ? 0 = 0 =
Partido Medio
data
Público[20]
2 de febreiro de 2009
Xornal[21]
8 de febreiro de 2009
El Progreso[22]
8 de febreiro de 2009
Cadena SER[23]
12 de febreiro de 2009
CIS[24]
12 de febreiro de 2009
La Región[25]
15 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 43,6 35-36 -2/-1 43,2 34-35 -3/-2 43,2 35 -2 44 34-36 -1/-3 43,1 35-36 -1/-2 36-38 -1/+1
PSdeG-PSOE 32,6 25-26 =/+1 31,7 24-25 -1/= 32,5 26 +1 34 25-27 =/+2 33,2 27 +2 27 +2
BNG 19,5 14 +1 21,6 16 +3 19,0 14 +1 18 14 +1 18,3 12-13 =/-1 12-13 =/-1
Outros 0 = 0 = 4,0 0 = 0 = 4,9 0 = 0 =
Partido Medio
data
La Voz de Galicia[26]
15 de febreiro de 2009
Xornal de Galicia[27]
15 de febreiro de 2009
La Razón[28]
16 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia[29]
16 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia[29]
17 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia[29]
18 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 42,4 35 -2 35 -2 44,1 35 -2 42,1 34 -3 41,9 35 -2 42,6 35 -2
PSdeG-PSOE 32,1 27 +2 24 -1 32,6 26 +1 31,6 27 +2 31,9 26 +1 31,8 26 +1
BNG 18,4 13 = 16 +3 19,8 14 +1 19,1 14 +1 19,2 14 +1 18,9 14 +1
Outros - 0 = - 0 = - 0 = - 0 = - 0 = - 0 =
Partido Medio
data
La Voz de Galicia[29]
19 de febreiro de 2009
Antena 3 Televisión[30]
19 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia[29]
20 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia[29]
21 de febreiro de 2009
Público[31]
21 de febreiro de 2009
ABC[32]
22 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 43,1 35 -2 43,5 35-37 -2/= 43,0 36 -1 42,5 36 -1 45,3 36-37 -1/= 45,7 37-38 =/+1
PSdeG-PSOE 30,3 26 +1 32,8 24-26 -1/+1 30,2 25 = 28,8 26 +1 30,2 23-24 -2/-1 28,5 22-23 -3/-2
BNG 18,7 14 +1 19,5 13-15 =/+2 19,2 14 +1 18,7 13 = 19,4 14-16 +1/+3 21,6 15-16 +2/+3
Outros - 0 = - 0 = - 0 = - 0 = - 0 = - 0 =
Partido Medio
data
La Voz de Galicia[29]
22 de febreiro de 2009
El Correo Gallego[33]
22 de febreiro de 2009
Faro de Vigo[34]
22 de febreiro de 2009
El País[35]
22 de febreiro de 2009
Xornal de Galicia[36]
22 de febreiro de 2009
El Mundo[37]
22 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 42,3 36 -1 43,1 35-37 -2/= 43,6 35-36 -2/-1 44,1 36 -1 43,8 35 -2 44,5 36-38 -1/+1
PSdeG-PSOE 29,2 26 +1 32,4 24-25 -1/= 33,0 26-27 +1/+2 33,8 25-27 =/+2 30,3 24 -1 33,1 25-26 =/+1
BNG 18,8 13 = 20,9 14-15 +1/+2 17,5 13-14 =/+1 18,0 12-14 -1/+1 19,8 16 +3 18,3 12-13 -1/=
Outros - 0 = 1,5 0 = - 0 = - 0 = 3,8 0 = - 0 =
Partido Medio
data
La Vanguardia[38]
22 de febreiro de 2009
El Progreso[39]
22 de febreiro de 2009
La Región[40]
22 de febreiro de 2009
% Escanos Dif. % Escanos Dif. % Escanos Dif.
PP 43,8 35-37 -2/= - 35-36 -2/-1 - 37-38 =/+1
PSdeG-PSOE 31,7 24-26 -1/+1 - 25-26 =/+1 - 24-25 -1/=
BNG 19,9 13-15 =/+2 - 14 +1 - 13 =
Outros 0 = 0 = 0 =

A campaña editar

A campaña electoral desenvolveuse entre o 13 e o 27 de febreiro. A pesar de que a TVG fixo unha proposta[41] de debate entre os líderes das tres forzas políticas representadas ata ese momento no Parlamento de Galicia, o debate non tivo lugar,[42] ao considerar o candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo que non se daban as condicións de igualdade e representatividade necesarias. Si que se celebraron debates entre os cabezas de lista destas formacións nas distintas circunscricións.

Principais acontecementos editar

A campaña electoral arrancou coa decisión do PP de apartar o seu cabeza de lista por Ourense, Luís Carrera Pásaro, da carreira electoral, logo de que se filtrase aos medios que non declarara a Facenda[43] unha cantidade de diñeiro pagada por un banco nas Illas Caimán. Porén, e dado que as candidaturas xa foran proclamadas, o nome de Luís Carrera apareceu nas papeletas electorais e concorreu aos comicios.

O BNG foi acusado pola La Voz de Galicia de organizar un mitin nun acto convocado pola Vicepresidencia da Xunta en Oia[44]; os nacionalistas responderon[45] que fora un erro da organización do acto, promovido por unha asociación pontevedresa, e no que non estaban implicados nin a Xunta de Galicia nin a fronte nacionalista.

Na última semana da campaña sucedéronse as acusacións entre os partidos políticos: La Voz de Galicia e ABC publicaron[46][47] como actual unha fotografía onde se vía o candidato do BNG, Anxo Quintana, nun iate co construtor Jacinto Rey; ao día seguinte, El Correo Gallego sinalou[48] que a fotografía xa fora publicada por ese xornal en 2005. O Partido Popular repartiu información en Celanova acusando os partidos no goberno de querer roubarlles as terras e as vivendas aos veciños[49]; o presidente da deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, insultou[50] o conselleiro de Medio Ambiente e candidato por Ourense, Pachi Vázquez, e insinuou que Quintana era un maltratador[51], polo que tivo que ser apercibido en público polo candidato popular, Núñez Feijóo[52].

Persoeiros editar

Nos actos de campaña participaron diversos líderes políticos estatais, como Felipe González[53] ou José Luis Rodríguez Zapatero[54] na banda socialista, Mariano Rajoy[54] e Alberto Ruiz-Gallardón[55] nas filas populares, ou Rosa Díez, por UPyD.

Lemas editar

  • PPdeG: Chegou o momento. Empezamos
  • PSdeG: O presidente. Dálle máis forza
  • BNG: Con valentía, sen ataduras. Queremos máis!
  • EU-IU: Revela a realidade, rebélate!
  • FPG: Coa nación na esquerda.
  • TEGA: A túa xente, a túa terra.
  • NÓS-UP: GZ pola independência.

Resultados editar

Número de votos que obtiveron as principais candidaturas[56]:

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

Presidente e goberno Partido Candidato Votos % +/- Escanos +/-
PP Alberto Núñez Feijóo 789.427 46,7 % 38 +1
PSdeG-PSOE Emilio Pérez Touriño 524.488 31,0 % 25 =
BNG Anxo Quintana 270.712 16,0 % 12 -1
UPyD - [57] 23.796 1,41 %
TeGa Xoán Gato 18.726 1,11 %
EU-IU Yolanda Díaz 16.441 0,97 %
Verdes - 5.911 0,35 %
PU+J - 3.507 0,21 %
FPG Xosé Luís Méndez Ferrín 2.903 0,17 %
Nós-UP - 1.510 0,09 %
PH - 1.227 0,07 %
DO - 1.066 0,06 %
Máis Galicia Xermán Tobío 923 0,05 %
FE-JONS - 675 0,04 %
SAIn - 420 0,02 %
GU - 369 0,02 %
UCL - 311 0,02 %
SDD - 262 0,02 %
AVE - 230 0,01 %

Parlamentarios electos editar

Pola provincia da Coruña editar

Pola provincia de Lugo editar

Pola provincia de Ourense editar

Pola provincia de Pontevedra editar

Investidura do Presidente da Xunta de Galicia editar

A votación para a investidura do Presidente da Xunta de Galicia no Parlamento de Galicia tivo o seguinte resultado:

Candidato Data Voto       Total
 
Alberto Núñez Feijoo
(PPdeG)
16 de abril de 2009
Maioría requirida:
Absoluta (38/75)
 Si 38
38 / 75
No 24 12
36 / 75
Abstención
0 / 75
Faltou á votación un deputado do PSdeG-PSOE

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 1.03.2009
  2. "Teño un equipo sólido e o resto son anécdotas" Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 10 de xaneiro de 2008
  3. Touriño convoca eleccións para o vindeiro 1 de marzo, Vieiros, 18/12/2008
  4. Rajoy preside el acto de proclamación de Núñez Feijóo como candidato del PPdeG a la Xunta de Galicia, Europa Press, 23/11/2008.
  5. Emilio Pérez Touriño proclamado candidato a la Presidencia de la Xunta, 11/12/2008, na web do PSOE.
  6. Anxo Quintana, reelegido candidato del BNG a la Xunta, El País, 5/10/2008.
  7. La ferrolana Yolanda Díaz, candidata de Esquerda Unida Arquivado 17 de abril de 2009 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 17/11/2009.
  8. Xoán Gato, elegido candidato de Terra Galega a las autonómicas, La Voz de Galicia, 12/12/2008.
  9. Xermán Tobío será el candidato a la Xunta de Máis Galicia, la coalición de la otra Tega y el PG, La Voz de Galicia, 14/11/2009.
  10. Méndez Ferrín será o candidato da FPG á presidencia da Xunta, Vieiros, 26/01/2009.
  11. O cabeza de lista, tal e como figurou nas papeletas electorais foi Luís Carrera Pásaro, pero un mes antes das eleccións foi retirado por Alberto Núñez Feijóo por irregularidades con Facenda, Feijóo aparta al número uno por Ourense debido a irregularidades con Hacienda Arquivado 06 de marzo de 2009 en Wayback Machine., La Región, 06/02/2009
  12. La concejala ferrolana Yolanda Díaz repite como candidata de IU a las autonómicas, La Voz de Galicia, 17/1/2009
  13. Diario Oficial de Galicia, 28 de xaneiro de 2009
  14. El PP está a tres diputados de la mayoría absoluta, a seis meses de las autonómicas Arquivado 18 de setembro de 2008 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 19/9/2008
  15. Xornal de Galicia revela que el PPdeG baja en la primera encuesta del 1-M Arquivado 14 de setembro de 2013 en Wayback Machine., 18/1/2009.
  16. El PP no consigue la mayoría para recuperar la Xunta de Galicia Arquivado 11 de decembro de 2009 en Wayback Machine., 18/1/2009.
  17. El PP volvería a ser el partido más votado en las elecciones gallegas[Ligazón morta], 22/1/2009.
  18. Más de la cuarta parte de los electores aún no han decidido a quién votarán el 1-M , 25/1/2009.
  19. El electorado mantiene la incógnita entre la mayoría absoluta del PP y un nuevo bipartito Arquivado 30 de xuño de 2012 en Archive.is, 1/2/2009.
  20. El bipartito revalida su mayoría en Galicia, 2/2/2009.
  21. El PP sigue aún lejos de la mayoría, el paro castiga al PSOE y el BNG avanza, 08/2/2009.
  22. Os datos en El Progreso non son accesibles en web. Foron republicados por El Ideal GallegoLas provincias de Lugo y Ourense serán los escenarios principales de la batalla electoral Arquivado 03 de abril de 2010 en Wayback Machine., El Ideal Gallego, 9/2/2009
  23. El pulsómetro: Los socialistas y Bloque podrían renovar Arquivado 15 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., 12/2/2009.
  24. Avance de resultados, 12/2/2009.
  25. Los indecisos y el voto oculto mantienen el empate entre el PP y la coalición PSOE-BNG Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine., 15/2/2009.
  26. El PSOE rentabiliza más que el Bloque la gestión del bipartito gallego y araña dos escaños al PP, La Voz de Galicia, 15/02/2009.
  27. O bipartito, asediado pola subida do PP[Ligazón morta], 15/02/2009.
  28. Encuesta de NC Report para LA RAZÓN: PSOE y BNG seguirán en la Xunta pese a la mayoría del PP Arquivado 17 de decembro de 2011 en Wayback Machine., 16/02/2009.
  29. 29,0 29,1 29,2 29,3 29,4 29,5 29,6 Las encuestas, día a día.
  30. El PP ganaría las elecciones gallegas aunque sin mayoría absoluta[Ligazón morta], 19/2/2009.
  31. "El PP, a un escaño de volver al poder en Galicia". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de febreiro de 2009. 
  32. El PP roza la mayoría absoluta en Galicia a sólo una semana del 1-M
  33. Gráfico, asignación de escaños Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., 22/2/2009.
  34. El bipartito repetirá en la Xunta pero no abre una gran brecha con el PP Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., 22/02/2009
  35. El bipartito gallego resiste, 22/02/2009
  36. El PSOE y el BNG tienen a Feijóo pisándole los talones en la recta final[Ligazón morta]
  37. Encuesta radiografía de Galicia
  38. La resistencia del PP pone en peligro la hegemonía del PSdeG y el Bloque Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine..
  39. PSOE y BNG podrían repetir gobierno aunque el PP muestra tendencia al avance.
  40. Máximo equilibrio en la carrera final hacia el 1-M Arquivado 30 de xuño de 2012 en Archive.is.
  41. A TVG decide o modelo de debate entre candidatos Arquivado 10 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 4/2/09
  42. "La CRTVG cancela el debate de los tres líderes previsto para el viernes". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2020-02-09. 
  43. O PPdeG deixa fóra da súa lista a Luís Carrera por non cumprir coas obrigacións fiscais Arquivado 23 de marzo de 2012 en Wayback Machine., Galiciae, 6/2/09
  44. Setecientos mayores en ruta a Portugal son desviados a un mitin de Quintana, La Voz de Galicia, 19/2/09
  45. "Quintana pide disculpas a los mayores "incomodados" por su mitin y atribuye el "error" a la organización ajena al BNG". www.europapress.es. 2009-02-20. Consultado o 2020-02-09. 
  46. San José retrasa otro mes el acuerdo para desbloquear su deuda por flecos legales Arquivado 28 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 24/2/09
  47. Los espías entran en campaña, Público, 25/2/09
  48. Quintana, contra la manipulación Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 25/2/09
  49. Nova campaña sucia do PP: "O bipartito pódeche quitar as terras", Vieiros, 26/2/09
  50. Baltar llama "maricón" al conselleiro de Medio Ambiente, El País, 27/2/09
  51. Baltar llença insídies contra Anxo Quintana, YouTube
  52. Feijóo pide disculpas por los insultos de Baltar Arquivado 02 de marzo de 2009 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 26/2/09
  53. Felipe González arropó a Touriño ante 4.000 personas en Vilagarcía Arquivado 18 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 15/2/09
  54. 54,0 54,1 Zapatero y Rajoy eligen Galicia para batirse en duelo en el fin de campaña, La Voz de Galicia, 26/2/09
  55. Gallardón arropa al último cacique, Público, 26/2/09
  56. Xunta Electoral de Galicia Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Diario Oficial de Galicia.
  57. UPyD presenta sus listas para las elecciones gallegas y vascas con el objetivo de ser "pieza clave" en ambas comunidades, por Europa Press, 17/1/2009.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar