Arturu Xosé Bermeyu

político asturiano

Arturu Xosé Bermeyu García, nado en Oviedo, é un político asturiano que foi secretario xeral do partido nacionalista asturiano de esquerdas Andecha Astur, dende a súa fundación en 1990 até 2007.

Infotaula de personaArturu Xosé Bermeyu
Biografía
NacementoOviedo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua asturiana Editar o valor em Wikidata

Twitter: ABermeyu Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Arturu Xosé Bermeyu é un militante histórico do nacionalismo asturiano de esquerdas. Sendo estudante, foi membro do partido político Ensame Nacionalista Astur (ENA), formación na que aparece nas listas das eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1983. Trala fusión de ENA coa Xunta Nacionalista Asturiana (XNA) para formar a Unidá Nacionalista Asturiana (UNA), Arturu Xosé Bermeyu decide non entrar neste proxecto.

Bermeyu únese ós 8 expulsados do sector crítico da UNA contrarios á unión co Partíu Asturianista e forma Andecha Astur, organización política da que será o Secretario Xeral ata (2007), aínda que no funcionamento interno desta formación política, que eles chaman horizontal, este cargo non ten relevancia política pero si representativamente.

Bermeyu asinou no Pacto de Donostia o 11 de maio de 2004, na conformación da Coalición Europa dos Pobos con outras formacións nacionalistas como ERC, EA ou CHA para concorrer ás Eleccións Europeas onde a coalición acadou un deputado no Parlamento europeo.

Durante as eleccións xerais de España de abril de 2019, Bermeyu, como apoderado de Andecha Astur e candidato desta formación ao Senado, increpou un policía por ter unha arma nun colexio electoral de Oviedo. Foi denunciado pola Confederación Española de la Policía (CEP).[1][2]

Notas editar