Ensame Nacionalista Astur
Ensame Nacionalista Astur (ENA) foi un partido político asturiano de esquerda nacionalista. Formouse en 1982 trala disolución en 1981 do Conceyu Nacionalista Astur (CNA), primeiro partido nacionalista asturiano.
Ensame Nacionalista Astur | |
---|---|
Partido político de Asturias | |
Historia | |
Fundación | 17 de setembro de 1982 |
Disolución | 1988 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo asturiano socialismo |
Representación | |
Representación | sen representación parlamentaria |
Outros datos | |
Sede | R/ Valentin Masip, 3. 3u D - Oviedo |
A ENA presentouse ás eleccións autonómicas asturianas do 8 de maio de 1983. Nestas eleccións o escritor Andrés Solar foi cabeza de lista pola circunscrición oriental. ENA conseguiu 2.505 votos, un 0,45% do total.
En 1988, ENA intégrase na Xunta Nacionalista Asturiana para formar Unidá Nacionalista Asturiana (UNA), que se presentou ás eleccións europeas e estatais de 1989.