Conceyu Nacionalista Astur

O Conceyu Nacionalista Astur ou CNA foi o primeiro partido nacionalista de Asturias. Fundouse en 1976 por iniciativa dun grupo de xente nova que reclamaba para Asturias o recoñecemento nacional por parte do estado español e a realización da revolución socialista. Ánxelo Zapico era o seu secretario xeral, entre outros contaba con xente como Xosé Lluis Carmona, Dubardu Puente e David Rivas. Algúns dos seus militantes foron detidos acusados de colaborar con ETA. CNA disolveuse en 1981 e os seus militantes acabaron por entrar en diferentes organización da esquerda nacionalista como o Ensame Nacionalista Astur.

Conceyu Nacionalista Astur (CNA)
Partido político de Asturias
Dirixentes e organización
LíderÁnxelo Zapico
(Secretario Xeral)
Historia
Fundación1976 (disolto en 1981)
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo asturiano
Socialismo
Outros datos
SedeMieres
PublicaciónAsturies Dixebrá

Eleccións editar

Eleccións xerais 1979: 3.049 votos (0.57%)


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.