Andrés Solar

escritor español

Andrés Manuel Solar Santurio, nado en Xixón o 25 de agosto de 1955 e finado o 27 de decembro de 1984, foi un escritor en lingua asturiana e militante de esquerda nacionalista. Está considerado un dos mellores escritores do Surdimientu malia a súa pronta morte ós 29 anos.[1]

Infotaula de personaAndrés Solar
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1955 Editar o valor em Wikidata
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de decembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaNacionalismo asturiano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEnsame Nacionalista Astur Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua asturiana Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Andrés Solar naceu en El Fondón, na parroquia de Deva, en Xixón. Fillo de labregos, fixo os estudos primarios na escola pública do lugar. No ano 1978, involúcrase no movemento de reivindicación lingüística e comeza unha intensa labor cultural e política.[2]

Nos sete anos seguintes publicou artigos en prensa, gañou premios literarios, foi profesor na Universidade Popular de Xixón, foi membro da Academia de la Llingua Asturiana, colaborou co grupo de teatro Xaréu Títeres, foi membro de Conceyu Bable, Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana e do partido de esquerdas Ensame Nacionalista Astur.[2]

Premios Andrés Solar editar

Os Premios Andrés Solar foron creados en 1985 pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana en lembranza e homenaxe do escritor. Os premios teñen dúas categorías. A primeira categoría é a do Pegollu, que se entrega ás persones, entidades, grupos ou colectivos que dalgún xeito loitan pola lingua, incluíndoa na sociedade, empregándoa con normalidade ou favorecendo a súa normalización. A segunda categoría é Madreñazu purpurina, unha categoría de denuncia que vai dirixida a entidades, grupos, políticos ou colectivos que desprestixian o valor da lingua e o sentimento dos seus falantes.[3]

Notas editar

  1. d'Andrés & Rubiera, p. 11.
  2. 2,0 2,1 Araz. "Solar Santurio, Andrés" (en asturiano). Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  3. Que ver de Asturias (2016). "Entrega de los Premios Andrés Solar 2016". Consultado o 12 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • d'Andrés, Ramón; Rubiera, Carlos (2004). Obres inédites (en asturiano). Academia Llingua Asturiana. ISBN 9788481683622. Consultado o 12 de febreiro de 2017.