Xunta Pola Defensa de la Llingua Asturiana
A Xunta Pola Defensa de la Llingua Asturiana é unha organización asturiana que procura a oficialidade do asturiano e promove o seu uso e ensinanza.
Xunta Pola Defensa de la Llingua Asturiana | |||
---|---|---|---|
Tipo | organización ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1984 ![]() | ||
Localización | |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Asturias ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | exunta.org ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Esta asociación creouse en 1984 e dende aquela vén realizando periodicamente diversas actividades para implicar á sociedade asturiana na defensa do idioma, como son as convocatorias de manifestacións, a publicación de discos ou libretos en asturiano ou diversas campañas como a da Pita, unha persoa disfrazada de galiña que acode aos actos públicos. Todos os anos celebra o conciertu pola oficialidá (concerto pola oficialidade).
Ten unha sección xuvenil denominada Xunta Moza.
A Xunta é a promotora do Conceyu Abiertu pola Oficialidá (CAO), unha plataforma creada en vistas á reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias e que agrupa a un gran número de asociacións asturianas na defensa da oficialidade da lingua.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Asturias |