Xunta Nacionalista Asturiana

Xunta Nacionalista Asturiana (XNA) foi unha organización política nacionalista asturiana de esquerdas, de escaso percorrido, centrada principalmente no ámbito universitario.[1] Na mesma, participaron persoas como José Suárez Arias-Cachero e Inaciu Iglesias.

Xunta Nacionalista Astur
Partido político de Asturias
Historia
Fundación1986
Disolución1988
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo asturiano
socialismo
Representación
Representaciónsen representación parlamentaria

Formouse no ano 1986 cos militantes procedentes do Conceyu Nacionalista Astur (CNA) e, aínda que se definiu como partido político, non se rexistrou oficialmente como tal.[2] É por iso que non se presentou nin ás eleccións asturianas de 1987, nin ás europeas dese mesmo ano.

En 1988 xúntase á formación socialista Ensame Nacionalista Astur (ENA), creada en 1982, formando o partido Unidá Nacionalista Asturiana (UNA).

Notas editar

  1. Entrevista a Inaciu Iglesias.
  2. "Rexistru de Partíos Políticos del Ministeriu del Interior, onde nun apaez el XNA.". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 18 de xuño de 2012.