Unidá
Unidá é unha federación de partidos formada por Esquerda Asturiana, militantes provenientes de Andecha Astur (tras unha división no partido que se mantén nos xulgados), e polos partidos locais Andecha por Carreño, Asturianistes por Nava e Asturianistes por Piloña, ademais está formando unha serie de formacións locais xa co nome de Unidá como Unidá-Avilés ou Unidá-Uviéu.
Unidá | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | partido político ![]() | ||
Ideoloxía política | Nacionalismo asturiano ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2007 ![]() | ||
Disolución | 2008 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Oviedo ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | unida.as ![]() | ||
[ Wikidata ] |

Esta organización é de carácter nacionalista asturiana, de esquerda e ecoloxista, para as eleccións autonómicas e municipais de maio de 2007 presentouse como coalición con outro partido máis, Los Verdes-Grupu Verde que abandonaría a formación meses despois.
A coalición constituíase dafeitu en abril de 2007. No mesmo mes presentan oficialmente ao seu candidato á Xunta Xeral, o recoñecido escritor e médico psiquiatra Ignaciu Llope. Así mesmo, marcan as línias xerais do seu acordo programático, que incluían a defensa da lingua, cultura e identidade asturiana; a loita contra a crise económica e laboral que sofre Asturias, así como a corrupción en certos niveis e os atentados ecolóxicos que cren que provoca o goberno actual; e, en xeral, a implantación dun novo modelo de desenvolvemento territorial, a partir dun Estatuto de Autonomía novo que supoña unha ampliación importante en comparación co actual, e que consideran imprescindible, ademais dunha aposta por unha opción que de continuidade a unha unidade que cren que o nacionalismo asturiano de esquerda necesitaba desde había anos.
A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |