Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011
As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 celebráronse o 22 de maio para elixir os 45 deputados da VIII lexislatura. Coincidiron coas eleccións municipais dos 78 concellos asturianos e as parroquias rurais, así como con outras eleccións autonómicas e locais.
‹ 2007 • ![]() | |||||||||||
Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 | |||||||||||
22 de maio de 2011 | |||||||||||
Tipo | lexislativa | ||||||||||
Demografía electoral | |||||||||||
Votantes | 609069 | ||||||||||
Participación | |||||||||||
66.89% ![]() | |||||||||||
Votos válidos | 600274 | ||||||||||
Votos en branco | 15611 | ||||||||||
Votos nulos | 8798 | ||||||||||
Resultados | |||||||||||
![]() |
FAC - Francisco Álvarez-Cascos | ||||||||||
Votos | 178031 | ||||||||||
Escanos obtidos | 16 | ||||||||||
29.66% | |||||||||||
![]() |
FSA-PSOE - Javier Fernández | ||||||||||
Votos | 179619 ![]() | ||||||||||
Escanos obtidos | 15 ![]() | ||||||||||
29.92% | |||||||||||
![]() |
PP - Isabel Pérez-Espinosa | ||||||||||
Votos | 119767 ![]() | ||||||||||
Escanos obtidos | 10 ![]() | ||||||||||
19.95% | |||||||||||
![]() |
IU-Los Verdes d’Asturies - Jesús Iglesias Fernández | ||||||||||
Coalición | Lista
| ||||||||||
Votos | 61703 ![]() | ||||||||||
Escanos obtidos | 4 ![]() | ||||||||||
10.28% | |||||||||||
Resultados por circunscrición | |||||||||||
![]() | |||||||||||
Distribución de escanos na Xunta Xeral | |||||||||||
![]() |
A Federación Socialista Asturiana foi o partido con máis votos, pero Foro Asturias foi o gañador por escanos, sendo elixido finalmente o seu candidato Francisco Álvarez-Cascos como presidente do Principado de Asturias para a lexislatura.
Lexislatura anterior Editar
Nas eleccións de 2007, o partido socialista obtivo a maioría simple, con 21 deputados, que permitiron a Vicente Álvarez Areces renovar no cargo de Presidente do Principado de Asturias. O Partido Popular, con 20 deputados, continuou como principal grupo da oposición.
Areces gobernou en minoría até novembro de 2008 cando, grazas a un acordo coa coalición Izquierda Unida-Bloque por Asturies-Los Verdes, dous conselleiros de IU se incorporaron ao Consello de Goberno do Principado de Asturias,[1] entre outros postos de responsabilidade na administración autonómica.[2]
Con todo, en maio de 2011, Bloque por Asturies e Izquierda Unida romperon o pacto polo seu desacordo na lei de contención do déficit. Por tal motivo, Roberto Colunga, secretario de BA, pasou a formar o Grupo Mixto na Xunta Xeral do Principado de Asturias e os militantes de Bloque renunciaron aos seus postos no Goberno.[3]
Precampaña Editar
O presidente do Principado, Vicente Álvarez Areces, expresou en xullo de 2010 a súa intención de non optar á reelección tras as eleccións de 2011,[4] despois de tres lexislaturas no cargo. Tras iso, o secretario xeral da Federación Socialista Asturiana, Javier Fernández Fernández, anunciou a súa intención de optar á presidencia polo partido socialista,[5] candidatura avalada pola comisión executiva da FSA e polo comité federal do PSOE.[6]
O Partido Popular proclamou como candidata a Isabel Pérez-Espinosa, concelleira de Oviedo,[7] a proposta do PP de Asturias, descartando así a Francisco Álvarez-Cascos para encabezar as listas. Este, tras abandonar o PP, afiliouse ao partido Foro Asturias, creado arredor da súa persoa, sendo posteriormente proclamado como candidato á presidencia do Principado.[8]
Pola súa parte, Izquierda Unida decidiu que o seu candidato á presidencia fora de novo o seu coordinador xeral, Jesús Iglesias Fernández. A candidatura foi avalada pola presidencia de IU de Asturias[9] e ratificada polo Consello Político da coalición en Asturias.[10] Así mesmo, mantivo a súa coalición con Los Verdes de Asturias.
Finalmente, Bloque por Asturies, que se presentara ás eleccións con IU nas dúas eleccións autonómicas anteriores,[11] presentouse en coalición con Unidá Nacionalista Asturiana, con Rafael Palacios como cabeza de lista.[12]
Eleccións Editar
O día 29 de marzo, o Boletín Oficial do Principado de Asturias e o Boletín Oficial do Estado publicaron o «Decreto 3/2011, do 28 de marzo, do Presidente do Principado, polo que se convocan eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias».[13][14] De acordo a este decreto, as eleccións celebraríanse o 22 de maio e os 45 deputados repartiríanse segundo o padrón de habitantes a 1 de xaneiro de 2010, do seguinte xeito: 34 pola circunscrición central, 6 pola occidental e 5 pola oriental. A campaña electoral, de 15 días de duración, empezou o 6 de maio e terminou o día 20.
Candidaturas Editar
Os partidos, federacións e coalicións presentaron as súas candidaturas do 13 ao 18 de abril, de acordo á lei electoral autonómica, e foron publicadas o 20 de abril.[15] O día 25 foron proclamadas pola Xunta Electoral Provincial de Asturias e publicadas no BOPA.[16]
En total presentáronse 18 candidaturas, o número máis alto até a data. 16 delas concorreron polas tres circunscricións, mentres que Frente Nacional-MSR só o fixo pola central e Unificación Comunista de España unicamente pola oriental. O elevado número de candidaturas débese ás escisións no PP (FAC, IDEAS e URAS), á fragmentación do comunismo asturiano e aos novos partidos que se presentan por primeira vez, como UPyD.[17]
Circunscrición | Candidatos | Observacións |
---|---|---|
Central |
||
Occidental |
||
Oriental |
Sondaxes electorais Editar
As distintas sondaxes electorais, con estimación dos deputados obtidos polas candidaturas, publicadas polos medios de comunicación foron:
Sondaxe | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Resultados 2007 | ||||||
Deputados | ||||||
El Mundo[18](4/01/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
COPE[19](14/04/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
El Comercio[20](22/04/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
El Mundo[21](24/04/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
Antena 3[22](2/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
Varios medios (CIS)[23](5/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
Vocento[24](8/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
La Voz de Asturias [25](8/05/2011)-Público [26](9/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
El Comercio[27](13/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
La Nueva España[28](15/05/2011) | ||||||
Deputados | ||||||
El Mundo[29](15/5/2011) | ||||||
Deputados |
Nota: 1-Corresponde a un, entón, hipotético partido de Francisco Álvarez-Cascos
Resultados Editar
Tras o escrutinio dos votos presenciais e por correo, na noite do 22, a candidatura máis votada era a socialista. Esta vitoria en número de votos ocorría, ademais, nas dúas circunscricións laterais, mentres que na central a máis votada foi a candidatura de Foro Asturias, liderada por Francisco Álvarez-Cascos. Debido a isto, Foro Asturias obtería 16 deputados por 15 do Partido Socialista, o peor resultado da súa historia en Asturias. O Partido Popular tamén obtería o seu peor resultado en Asturias, perdendo a metade dos seus deputados na anterior lexislatura e quedándose en 10. Por último IU-Los Verdes repetirían o resultado do 2007, 4 deputados, naquela ocasión en coalición co Bloque por Asturies. Os catro deputados obteríaos na circunscrición central, a pesar de obter máis do 3% dos votos válidos emitidos nas outras dúas circunscricións, mínimo legal establecido para poder optar ao repartimento de escanos.[30] Non obstante, nas circunscricións oriental e occidental, o baixo número de deputados (5 e 6, respectivamente) fai que non sexa suficiente con superar dita cifra para asegurar a asignación dun deputado.[31][32]
O mércores 25, a Xunta Electoral do Principado de Asturias realizou o escrutinio dos 3.265 votos recibidos dos asturianos residentes no estranxeiro. O seu reconto non modificou a asignación provisional de escanos, sendo a candidatura socialista a máis votada.[33] A Federación Socialista Asturiana denunciou publicamente o extravío de 5.000 votos de emigrantes, pois 8.477 deles solicitaran exercer o voto.[34]
Os resultados definitivos das candidaturas que obtiveron representación son:
← Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 → | |||||||
Presidente e goberno | Partido | Candidato | Votos | % | Escanos | +/- | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | Javier Fernández Fernández | 179.619 | 29,92% | 15 | -6 | |
Foro de Ciudadanos (FAC) | Francisco Álvarez-Cascos | 178.031 | 29,66% | 16 | +16 | ||
Partido Popular (PP) | Isabel Pérez-Espinosa | 119.767 | 19,95% | 10 | -10 | ||
Izquierda Unida-Los Verdes de Asturias (IU-LOS VERDES) | Jesús Iglesias Fernández | 61.703 | 10,28% | 4 a | +1 b | ||
Unión Progreso y Democracia (UPyD) | Ignacio Prendes | 14.640 | 2,44% | 0 | |||
Independientes de Asturias (IDEAS) | Juan Morales Sánchez | 6.380 | 1,06% | 0 | |||
Bloque por Asturies-UNA (BA-UNA) | Rafael Palacios | 6.191 | 1,03% | 0 | -1 | ||
Frente de la Izquierda (FDLI) | 4.598 | 0,77% | 0 | ||||
Los Verdes-Grupo Verde (LV-GV) | 3.626 | 0,60% | 0 | ||||
Unión Asturianista (URAS-PAS) | Xuan Xosé Sánchez Vicente | 2.953 | 0,49% | 0 | |||
Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal (PACMA) | 1.950 | 0,32% | 0 | ||||
Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) | 1.434 | 0,24% | 0 | ||||
Conceyu Abiertu (CONCEYU ABIERTU) | 1.421 | 0,24% | 0 | ||||
Partido Democrático y Constitucional (PDyC) | 1.034 | 0,17% | 0 | ||||
Democracia Nacional (DN) | 711 | 0,12% | 0 | ||||
Alternativa Liberal Social (ALS) | 334 | 0,06% | 0 | ||||
Frente Nacional-Movimiento Social Republicano (FrN-MSR) | 260 | 0,04% | 0 | ||||
Unificación Comunista de España (UCE) | 11 | 0,00% | 0 | ||||
En branco | N/A | 15.611 | N/A | N/A | |||
Nulos | N/A | 8.798 | N/A | N/A |
aOs 4 de IU.
b Respecto á coalición IU-BA-VERDES en 2007.
Por circunscricións Editar
Circunscrición central | |||||||
Resultados | Candidatura | Votos | % | Escanos | +/- | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Foro de Ciudadanos (FAC) | 144.119 | 30,10% | 12 | +12 | ||
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 135.744 | 28,36% | 11 | -4 | |||
Partido Popular (PP) | 91.520 | 19,12% | 7 | -8 | |||
Izquierda Unida-Los Verdes de Asturias (IU-LOS VERDES) | 53.486 | 11,17% | 4 | +1a |
Circunscrición occidental | |||||||
Resultados | Candidatura | Votos | % | Escanos | +/- | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 27.499 | 36,58% | 2 | -1 | ||
Partido Popular (PP) | 18.837 | 25,06% | 2 | -1 | |||
Foro de Ciudadanos (FAC) | 18.484 | 24,59% | 2 | +2 |
Circunscrición oriental | |||||||
Resultados | Candidatura | Votos | % | Escanos | +/- | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 16.376 | 35,31% | 2 | -1 | ||
Foro de Ciudadanos (FAC) | 15.428 | 33,27% | 2 | +2 | |||
Partido Popular (PP) | 9.410 | 20,29% | 1 | -1 |
a Respecto á coalición IU-BA-VERDES en 2007.
Elección do Presidente do Principado Editar
O luns 11 de xullo comezou a sesión de investidura para a elección do Presidente do Principado de Asturias. O único candidato presentado foi Francisco Álvarez-Cascos, de Foro Asturias. O resto de grupos parlamentarios renunciaron a presentar candidatos. Este feito supuxo a certeza de que Álvarez-Cascos saería elixido como presidente.[35]
Na votación efectuada o día seguinte, Álvarez-Cascos non obtivo a maioría absoluta. O venres 15 de xullo foi elixido presidente ao obter maioría simple dos votos, os do seu grupo parlamentario. Os deputados do resto de partidos abstivéronse, permitindo a investidura de Cascos.[36]
O BOE do 16 de xullo de 2011 publicou o cesamento de Vicente Álvarez Areces como presidente do Principado[37] e o nomeamento de Francisco Álvarez-Cascos.[38] O mesmo día tomou posesión do cargo no edificio da Xunta Xeral, coa presenza de Rosa Aguilar, ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, que presidiu o acto, por deferencia de Cascos.[39] O seu primeiro discurso oficial como presidente tivo un marcado carácter rexionalista asturiano, citando dúas veces a Asturias como «país».[40]
Notas Editar
- ↑ Areces considera que el nuevo Gobierno es un "buen equipo" para servir a Asturias El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Javier Antuña será el nuevo director de la Agencia de Discapacidad Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ El diputado Roberto Colunga (BA) deja el grupo de IU y pide su pase al Mixto Arquivado 04 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. RTPA. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "El socialista Álvarez Areces renuncia a luchar por la reelección al frente del Gobierno asturiano tras tres legislaturas". El País. 8 de xullo de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Arreseigor, Macarena (20 de xullo de 2010). "Javier Fernández, el candidato socialista". El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ G., P. (22 de xaneiro de 2011). "Javier Fernández, ratificado como candidato por el PSOE". La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "El PP nombra a Isabel Pérez-Espinosa candidata en Asturias y descarta a Álvarez-Cascos". RTVE. 30 de decembro de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "Álvarez-Cascos, proclamado candidato a la Presidencia del Principado". La Nueva España. 29 de marzo de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "IU propone que Jesús Iglesias repita como candidato al Principado". La Nueva España. 25 de novembro de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Pérez, Marta (28 de novembro de 2010). "Iglesias: «El presupuesto garantiza las prestaciones sociales»". La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ IU y el Bloque liquidan su relación entre reproches mutuos El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "Rafael Palacios encabezará la candidatura conjunta de Bloque por Asturies y UNA". La Nueva España. 2 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Goberno do Principado de Asturias, ed. (29 de marzo de 2011). "Decreto 3/2011, de 28 de marzo, del Presidente del Principado, por el que se convocan elecciones a la Junta General del Principado de Asturias.". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ BOE, ed. (28 de marzo de 2011). "Decreto 3/2011, de 28 de marzo, del Presidente del Principado de Asturias, por el que se convocan elecciones a la Junta General del Principado de Asturias". Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Xunta Electoral Provincial de Asturias. Candidaturas presentadas para as Eleccións Autonómicas 2011 Arquivado 05/08/2020, en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Gallego, Pablo (29 de marzo de 2011). "Comienza la carrera electoral del 22-M por Pablo Gallego". La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Autonómicas de récord: 18 partidos La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "El efecto Cascos cuaja en Asturias", El Mundo, 6 de xaneiro de 2011
- ↑ Cadena Cope, ed. (14 de abril de 2011). "El PSOE sería el partido más votado, seguido del PP y del Foro Asturias de Cascos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ "Intención de voto para las autonómicas". El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "Cascos sigue teniendo más votos que el PP", El Mundo, 24 de abril de 2011
- ↑ Antena 3 (ed.). "Foro Asturias, la clave para la formación del Gobierno asturiano". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ CIS (ed.). "PREELECTORAL ELECCIONES AUTONÓMICAS, 2011 (Principado de Asturias) AVANCE DE RESULTADOS Estudio nº 2.873 Marzo-Abril 2011" (PDF).
- ↑ "Cascos será la tercera fuerza de la región y decidirá el gobierno". ABC. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ [Raúl Álvarez: Dos reñidos escaños decidirán si gana la izquierda o la derecha (La Voz de Asturias, 8 de mayo de 2011, páxinas 4-5)]
- ↑ "El PSOE es el partido más votado y Cascos deja al PP como tercera fuerza". Público. 9 de maio de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "Una encuesta de Asturbarómetro da la mayoría a Cascos". El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "El PSOE aventaja en dos puntos al PP, que si pactase con Foro tendría mayoría absoluta". La Nueva España.
- ↑ "Cascos sigue por delante del PP", El Mundo, 15 de maio de 2011
- ↑ "Ley 14/1986, de 26 de diciembre, sobre régimen de elecciones a la Junta General del Principado de Asturias, modificado por la Ley 3/1991, de 25 de marzo. DOGV núm. 561, de 6 de abril". Consultado o 14 de marzo de 2016.
- ↑ Dieciocho fuerzas para 45 escaños El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2011. Consultado o 23 de maio de 2013.
- ↑ El PSOE se queda a 67 votos de superar a Cascos por un escaño en Asturias
- ↑ El PSOE ataca a Correos por el extravío de 5.000 votos de emigrantes «que nos darían la victoria» La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Álvarez-Cascos, único candidato para presidir Asturias El País. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Álvarez-Cascos es elegido presidente de Asturias en minoría con el único apoyo de su partido RTVE. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Real Decreto 1024/2011, de 15 de julio, por el que se nombra Presidente del Principado de Asturias a don Francisco Álvarez-Cascos Fernández Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Real Decreto 1024/2011, de 15 de julio, por el que se nombra Presidente del Principado de Asturias a don Francisco Álvarez-Cascos Fernández Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ «Lucharé para que en España se escuche y se respete nuestra voz» El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.
- ↑ Cascos accede a la Presidencia del «país» asturiano y reivindica el «hecho regionalista» La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Resultados numéricos detallados e definitivos de todas as eleccións celebradas en Asturias desde 1982 (en castelán)
Ligazóns externas Editar
- Boletín oficial do Principado de Asturias do 26 de abril de 2011 Xunta Electoral Provincial de Asturias. Candidaturas Proclamadas para as Eleccións Autonómicas 2011. (en castelán)
- Actas de escrutinio correspondentes ás Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias celebradas o 22 de maio de 2011 Boletín Oficial do Principado de Asturias núm. 156, do 7 de xullo de 2011. (en castelán)