Presidente do Principado de Asturias

O Presidente de Asturias, segundo o Estatuto de Autonomía de Asturias, preside o Consello de Goberno do Principado de Asturias, cuxa actividade dirixe, coordina a Administración da comunidade autónoma, designa e separa os conselleiros e ostenta a suprema representación do Principado e a ordinaria do Estado en Asturias. É elixido pola Xunta Xeral do Principado de Asturias entre os seus membros e é nomeado polo rei de España.

A Xunta Xeral elíxeo por maioría absoluta en primeira convocatoria e por maioría simple nas posteriores. Entre cada convocatoria teñen que transcorrer como mínimo corenta e oito horas. Se pasados dous meses desde a constitución da Xunta Xeral non foi elixido ningún candidato, esta quedará disolta procedéndose a convocar novas eleccións.

Presidentes do Principado de AsturiasEditar

Imaxe Presidente Partido Inicio do mandato Fin do mandato
1 Rafael Fernández Álvarez PSOE 11 de xaneiro de 1982 18 de xuño de 1983
2   Pedro de Silva PSOE 18 de xuño de 1983 11 de xullo de 1991
3 Juan Luis Rodríguez-Vigil PSOE 11 de xullo de 1991 18 de xuño de 1993
4   Antonio Trevín PSOE 18 de xuño de 1993 11 de xullo de 1995
5   Sergio Marqués PP/Ind./URAS 11 de xullo de 1995 21 de xullo de 1999
6   Vicente Álvarez Areces PSOE 21 de xullo de 1999 16 de xullo de 2011
7   Francisco Álvarez-Cascos FAC 16 de xullo de 2011 26 de maio de 2012
8   Javier Fernández PSOE 26 de maio de 2012 20 de xullo de 2019
9   Adrián Barbón PSOE 20 de xullo de 2019 actualidade

Liña temporalEditar

Adrián BarbónJavier Fernández FernándezFrancisco Álvarez-CascosVicente Álvarez ArecesSergio MarquésAntonio TrevínJuan Luis Rodríguez-VirgilPedro de Silva (político)Rafael Fernández Álvarez

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar