Estatuto de Autonomía de Asturias

O Estatuto de Autonomía do Principado de Asturias é unha Lei Orgánica española que determina as competencias, os órganos e a forma da comunidade autónoma do Principado de Asturias.

Historia editar

O réxime preautonómico instáurase en Asturias por Decreto Lei 29/1978, de 27 de setembro, instituíndo o Consello Rexional de Asturias "como órgano de goberno e administración da Rexión" (art. 2). Creouse unha Comisión Mixta de representantes da Administración do Estado e do Consello Rexional de Asturias para propor ao Goberno os acordos sobre transferencias da xestión de funcións, actividades e servizos da competencia da Administración do Estado.

O 1 de xuño de 1979 os partidos políticos con representación parlamentaria na Deputación de Oviedo toman a decisión de formalizar o inicio o proceso autonómico. Para elaborar un Anteproxecto de Estatuto fórmase a chamada Comisión dos 24 (composta por seis representantes de cada partido: UCD, FSA-PSOE, PCA e CD) foi encargada de elaborar un grupo de traballo, a Comisión dos 8, para elaborar o primeiro borrador de Estatuto. As deliberacións desta comisión levan a elixir a forma prevista polo artigo 143.1 da Constitución para desenvolver o Estatuto e rexeitar, en cambio, o 151, ante a negativa de CD. En decembro do mesmo ano, o Consello Rexional de Asturias adopta a iniciativa de constituír Asturias en Comunidade Autónoma -seguindo o Título VIII da Constitución- e traslada aos concellos esta decisión para que adopten similar iniciativa: 72 municipios (o 95% do censo electoral) deciden acollerse ao procedemento do artigo 143.

O 18 de xaneiro de 1980 constitúese a Asemblea de Parlamentarios e Deputados provinciais encargada de elaborar o Proxecto de Estatuto de autonomía terminando os seus traballos o 12 de abril.

Dez días despois, remítese este Proxecto á Comisión Constitucional do Congreso e é aprobado na súa versión definitiva o 15 de decembro de 1981.

A Lei Orgánica 7/1981, de Estatuto de Autonomía para Asturias publícase no BOE núm. 9, de 11 de xaneiro de 1982, entrando en vigor o 30 de xaneiro de 1982.[1]

Notas editar

  1. Xefatura do Estado (11 de xaneiro de 1982). "Lei Orgánica 7/1981, de 30 de decembro, de Estatuto de Autonomía para Asturias". Iberlex. Boletín Oficial del Estado. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2011. Consultado o 2 de decembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar