Adrián Barbón
Adrián Barbón Rodríguez, nado en Llaviana o 4 de xaneiro de 1979, é un avogado e político asturiano, presidente do Principado de Asturias dende o 20 de xullo de 2019, e dende o 17 de setembro de 2017, secretario xeral da Federación Socialista Asturiana (FSA-PSOE). Anteriormente foi alcalde de Llaviana e presidente da Asociación de Comarcas Mineiras de España (ACOM).
![]() (2024) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Adrián Barbón Rodríguez ![]() 4 de xaneiro de 1979 ![]() Llaviana, España ![]() |
![]() | |
20 de xullo de 2019 – ← Javier Fernández Fernández | |
![]() | |
24 de xuño de 2019 – | |
![]() | |
17 de setembro de 2017 – | |
![]() | |
29 de setembro de 2015 – 27 de outubro de 2015 | |
![]() | |
30 de setembro de 2008 – 9 de outubro de 2017 | |
![]() | |
14 de xuño de 2003 – 14 de xuño de 2018 ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Educación | Universidade de Oviedo - dereito (–2002) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado ![]() |
Partido político | Federación Socialista Asturiana ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu na localidade de La Pola Llaviana, no corazón das Concas Mineiras asturianas. Realizou os estudos de primaria en Sotrondio e de secundaria en Llaviana. Cursou dereito na Universidade de Oviedo, licenciándose en 2002.
Política
editarA súa actividade política principiou con dezasete anos nas Xuventudes Socialistas de España, foi secretario xeral desa organización en Llaviana e no Val do Nalón. Posteriormente afiliouse tamén ao PSOE.
Concelleiro da súa localidade natal dende 2003, foi asemade tenente de alcalde. Posteriormente, o 30 de setembro de 2008, asumiu a alcaldía logo da renuncia de Marciano Barreñada por motivos persoais,[1] converténdose no seu momento no alcalde máis novo de Asturias.[2] Revalidou o posto nas eleccións de 2011 e mais nas de 2015. Dimitiu o 9 de outubro de 2017.
Formou parte da Comisión Executiva Autonómica da Federación Socialista Asturiana dirixida por Javier Fernández entre 2008 e 2012. Ademais foi membro do Comité Federal do PSOE e xecretario xeral da Agrupación Socialista de Llaviana dende 2012 ata novembro de 2017.
Durante a crise do PSOE de 2016 foi, xunto coa exalcaldesa de Llangreu, María Fernández, e Delia Losa, un dos membros asturianos do Comité Federal que defendeu o Non como posición do Grupo Parlamentario Socialista na sesión de investidura do popular Mariano Rajoy.[3]
Deputado no Congreso
editarEn setembro de 2015 e en substitución de María Luisa Carcedo, tomou posesión como deputado no Congreso, ocupando un escano nos últimos meses da X Lexislatura, cargo que compaxinou coa alcaldía durante ese breve período de tempo.
Figurou na candidatura socialista por Asturias ao Congreso dos Deputados, nas eleccións xerais de 2015, ocupando o número 4 na lista. De cara ás eleccións xerais do 26 de xuño de 2016, novamente entrou na candidatura do PSOE por Asturias ao Congreso mais non obstante en ningunha das dúas eleccións logrou a acta.
XXXIX Congreso do PSOE
editarApoiou e participou publicamente na campaña da candidatura de Pedro Sánchez á secretaría xeral do PSOE no seu XXXIX Congreso, defendendo un cambio no modelo de partido, no que a militancia tomase a palabra e que permanecese atento ao sentir da cidadanía e do electorado. Barbón rescatou durante a campaña interna lemas históricos como «Socialismo é liberdade». Finalmente, este período de crise interna no PSOE finalizou coa vitoria de Sánchez cun 50,21 % dos votos fronte a Susana Díaz e Patxi López o 21 de maio de 2017.[4]
Secretario xeral da FSA
editarDespois de celebrarse o XXXIX Congreso do PSOE os días 16, 17 e 18 de xuño de 2017, no que Pedro Sánchez saíu elixido secretario seral dos socialistas españois, abriuse o proceso congresual na Federación Socialista Asturiana e Adrián Barbón presentou a súa candidatura a secretario xeral o 6 de xullo de 2017 na Casa do Pobo de Xixón.[5] Contou co aval de 3215 militantes, 1200 máis que o outro precandidato.[6]
Finalmente gañou as primarias celebradas o 17 de setembro de 2017, con 3315 votos, o que significou o 60,6 % dos votos dos militantes.
Presidente do Principado de Asturias
editarO 30 de maio de 2018 foi elixido, mediante o proceso de primarias na Federación Socialista Asturiana, candidato a presidente do Principado de Asturias.
Nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2019, celebradas o domingo 26 de maio, o PSOE encabezado por Adrián Barbón, obtivo o 35,25 % dos votos e un total de 20 deputados, duplicando así ao Partido Popular de Asturias, que quedou en 10 escanos. Respecto ás eleccións autonómicas de 2015, con Javier Fernández como candidato, o PSOE incrementou os seus apoios en máis de 43 000 votos, chegando a obter seis deputados máis.
Barbón foi investido presidente do Principado de Asturias polo pleno da Xunta Xeral en minoría o 15 de xullo de 2019, cos 20 votos a favor de FSA-PSOE e os dous votos de IU-IAS, quedando a un só escano da maioría absoluta.[7]
Notas
editar- ↑ Nombramiento de Adrián Barbón como alcalde de Laviana tras la dimisión de Marcia Barreñada.
- ↑ "Adrián Barbón asume la Alcaldía de Laviana con las políticas sociales como prioridad". La Nueva España. 1 de outubro de 2008.
- ↑ Noticia del diario El Comercio sobre las posiciones de los miembros asturianos del Comité Federal ante la investidura de Rajoy.
- ↑ Artigo no xornal El País sobre a reelección de Pedro Sánchez (maio de 2017).
- ↑ «Si gano, lo primero que haré será negociar un pacto de gobierno con Javier Fernández, Podemos e IU». El Comercio Digital.
- ↑ «Barbón reúne 3215 avales, 1200 más que Pérez en la carrera por liderar la FSA». La Nueva España.
- ↑ "El socialista Adrián Barbón, investido presidente de Asturias sin el apoyo de Podemos". 20 minutos. 15 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2020.
Predecesor: Marciano Barreñada Bazán |
Alcalde de Llaviana 2008-2017 |
Sucesor: Julio García Rodríguez |
Predecesor: Javier Fernández |
Secretario xeral da FSA-PSOE 2017-actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: Javier Fernández |
Presidente do Principado de Asturias 2019-actualidade |
Sucesor: No cargo |
A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |