Consello de Goberno do Principado de Asturias
O Goberno do Principado de Asturias é unha das institucións estatutarias que conforman o Principado de Asturias, sendo o órgano superior colexiado que dirixe a política e a Administración desta comunidade autónoma española e é, así mesmo, o titular da función executiva e da potestade regramentaria sobre dito territorio.
Composición
editarPreside o Consello de Goberno o Presidente do Principado de Asturias, quen é elixido pola Xunta Xeral do Principado de Asturias entre os seus membros. Este á súa vez elixe os titulares das consellarías e o vicepresidente, os cales poden ser membros ou non da Xunta Xeral.
Cargo | Nome |
---|---|
Presidencia do Principado de Asturias | Javier Fernández Fernández |
Consellaría da Presidencia | Guillermo Martínez Suárez |
Consellaría de Facenda e Sector Público | María Dolores Carcedo García |
Consellaría de Economía e Emprego | Graciano Torre González |
Consellaría de Educación, Cultura e Deporte | Ana González Rodríguez |
Consellaría de Benestar Social e Vivenda | María Esther Díaz García |
Consellaría de Sanidade | Faustino Blanco González |
Consellería de Fomento, Ordenación do Territorio e Medio Ambiente | Belén Fernández González |
Consellaría de Agrogandaría e Recursos Autóctonos | María Jesús Álvarez González |
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazón externa
editar- www.asturias.es Arquivado 11 de decembro de 2020 en Wayback Machine.