Partido Animalista co Medio Ambiente

Partido político español animalista

O Partido Animalista co Medio Ambiente (PACMA, en castelán: Partido Animalista con el Medio Ambiente) e coñecido ata o 15 de novembro de 2022 como Partido Animalista Contra o Maltrato Animal é un partido político español que loita polos dereitos dos animais, o medio ambiente e a xustiza social. Así mesmo, rexeita o especismo e defende a promoción do vexetarianismo e veganismo.[2] Fundouse en Bilbao o 24 de febreiro de 2003 e a súa sede central atópase en Madrid.

Partido Animalista Co Medio Ambiente
Dirixentes e organización
LíderJavier Luna
(Presidente)
Cristina García
(Vicepresidenta)
Javier Sanabria
(Secretario xeral)
Yolanda Morales
(Portavoz)
Filiación internacionalAnimal Politics EU[1]
Historia
Fundación24 de febreiro de 2003
Posicións políticas
IdeoloxíaDereitos dos animais
Veganismo
Ecoloxismo
Democracia participativa
Feminismo
Progresismo
Posición políticaEsquerda / centro esquerda
Outros datos
Na rede
pacma.es
Facebook: PartidoAnimalistaPACMA Twitter: partidoPACMA Instagram: partidopacma Telegram: PartidoPACMA Youtube: UCX2YUWlLXQwIiixiWECPf1w Vimeo: pacmatv TikTok: partidopacma Flickr: 42510780@N04 Editar o valor em Wikidata
Manifestación antitaurina cun cartel do PACMA.

Historia editar

Xurdiu orixinalmente co nome de Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal a partir da unión de diversos colectivos antitaurinos e de defensa dos animais. O 25 de xuño de 2011, na Asemblea Estatal do partido, cambiouse o nome ao actual.[3]

Programa editar

O programa político do Partido Animalista ten por obxectivo a defensa dos dereitos dos animais e avanzar cara a unha sociedade máis xusta para todos, reconsiderando o trato que se dá aos animais. Para iso deféndense medidas para fomentar as adopcións de animais, o endurecemento das penas do Código penal por malos tratos animais, a legalización do acceso dos animais aos transportes públicos e o fin dos espectáculos con animais (circos, corridas de touros e festexos taurinos, festexos populares, zoolóxicos, acuarios...). Outras das medidas defendidas son a prohibición da caza e a pesca deportiva, o peche das granxas peleteiras e fábricas de foie-gras e o desenvolvemento de alternativas á experimentación con animais. Así mesmo, promove a liberdade de elección e o acceso á alimentación vegana mediante unha opción de menú sen alimentos de orixe animal nos comedores dos centros públicos.

Resultados electorais editar

Eleccións municipais editar

Os primeiros comicios aos que se presentou o PACMA foron as eleccións municipais de 2003, onde a súa presenza foi practicamente simbólica.

Nas eleccións municipais de 2007, o PACMA presentouse en 12 concellos (Amposta, Barcelona, Camarles, Guadalaxara, León, Madrid, Málaga, Sevilla, Tordesillas, Valladolid, Vitoria e Zaragoza), non conseguindo ningún concelleiro pero obtendo 10.601 votos. Naquelas eleccións, o músico Elliott Murphy realizou un concerto gratuíto en Barcelona como apoio ao PACMA.[4]

Nas eleccións municipais de 2011, o PACMA presentouse en 34 municipios obtendo 26.384 votos (0,12%). Nas eleccións municipais de 2015 duplicou os resultados dos seus anteriores comicios (55.228 votos) a pesar de presentarse tan só en 29 municipios.

Ano Votos % Concelleiros
2007 10 601 0
2011 26 384 0
2015 55 228 0,25 0

Eleccións autonómicas editar

Nas eleccións autonómicas de 2007, o PACMA presentouse só en dúas autonomías (Comunidade de Madrid e Cantabria) obtendo un apoio de 7.089 votos entre ambas. Nas eleccións autonómicas de 2011, o PACMA obtivo 36.926 votos.

Destacan así mesmo os resultados electorais en Cataluña, onde o Partido Animalista pasou de obter 14.238 votos en 2010 a obter 20.861 votos en 2012 e en Andalucía, onde pasou de 8.781 votos en 2012[5] a 31.735 votos en 2015,[6] triplicando os seus resultados nesta última comunidade.

Nas eleccións autonómicas de 2015, o PACMA concorreu en 13 autonomías e triplicou os seus resultados, obtendo 102.700 votos. En Cataluña as eleccións celebráronse meses despois, en setembro, e a formación obtivo 28.897 votos.

Ano Votos % Deputados
Cataluña 2006 13 730 0,47 0
Autonómicas 2007 7089 0
Cataluña 2010 14 238 0,45 0
Autonómicas 2011 36 926 0
Cataluña 2012 20 861 0,57 0
Andalucía 2012 8781 0,23 0
Andalucía 2015 31 735 0,80 0
Autonómicas 2015 102 700 0
Cataluña 2015 29 371 0,73 0

Eleccións xerais editar

Nas eleccións xerais de 2004, o PACMA presentou candidaturas ao Senado en 16 provincias españolas, obtendo un total de 64.947 votos, sendo a segunda forza extraparlamentaria máis votada. Para as eleccións xerais de 2008, o PACMA presentou candidaturas para o 90% das circunscricións, tanto no Congreso como no Senado. O PACMA obtivo 44.795 votos ao Congreso, sendo a cuarta forza extraparlamentaria; no Senado obtivo 132.077 votos.[7]

Para as eleccións xerais de 2011, o PACMA presentouse en 47 das 52 circunscricións electorais españolas. A falta do reconto do voto de residentes no estranxeiro, o resultado foi de 374.483 votos para o senado e 102.144 votos (0,41%) para o Congreso,[8] sendo un dos partidos que máis mellorou os seus resultados respecto de 2008, converténdose na segunda forza extraparlamentaria en España. Nestas eleccións, por primeira vez, o PACMA ampliou o seu programa electoral a cuestións sociais que afectan os humanos: educación e sanidade pública de calidade, etc.[9]

Nas eleccións xerais de 2015, o PACMA presentouse por primeira vez en todas as circunscricións,16 e duplicou os seus resultados ao recibir máis de 220.369 votos (0.87%) para o Congreso,[10] superando a formacións con presenza previa no Congreso como UPyD e Unió, e converténdose na principal forza extraparlamentaria en España.[11][12] Entre todos os seus candidatos ao Senado acumularon máis dun millón de votos, pero non obtiveron representación na cámara.[12][13]

Nas eleccións xerais de 2016 presentouse novamente en todas as circunscricións[14] conseguindo 286.702 votos para o Congreso e 1.213.871 votos ao Senado,[15] quedando novamente sen representación parlamentaria, superando en votos a outras formacións que si conseguiron representación como EH Bildu e Coalición Canaria e sendo a primeira forza extraparlamentaria de España.[16]

 
Papeleta das Xerais de novembro de 2019 por Pontevedra.
Resultados electorais nas eleccións ao Congreso
Ano Votos % Deputados
2008 44 795 0,14 0
2011 102 144 0,42 0
2015 220 369 0,87 0
2016 286 702 1,19 0
Resultados electorais nas eleccións ao Senado
Ano Votos % Senadores
2004 64 497 0
2008 132 077 0
2011 374 483 0
2015 1 034 617 0
2016 1.213.871  0

Eleccións europeas editar

O PACMA presentouse por primeira vez aos comicios europeos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, nas cales obtivo 41.913 votos (0,27%), sendo a novena forza máis votada e a terceira entre as que non obtiveron representación. Obtivo os seus mellores resultados en Cataluña, co 0,56% dos votos.[17]

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, o Partido Animalista cuadriplicou os seus resultados cun total de 177.499 votos (1,13%) sendo a 12ª forza máis votada e a segunda sen representación parlamentaria.[18]

Ano Votos % Deputados
2009 41 913 0,26 0
2014 177 499 1,13 0
2019 295 546 1,32 0

Notas editar

  1. "Animal Politics EU present collective manifesto ahead of EU elections" (en inglés). European Interest.  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda)
  2. "PACMA - Quiénes somos". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  3. «O PACMA xa é oficialmente Partido Animalista Arquivado 10 de marzo de 2012 en Wayback Machine.», PACMA.
  4. Elliot Murphy apoia ao Partido Antitaurino e actúa gratis contra o maltrato animal 18.05.2007 20 minutos
  5. "Resultados provisionais das eleccións ao Parlamento de Andalucía 2012". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  6. "Resultados provisionais das eleccións ao Parlamento de Andalucía 2015". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  7. BOE 093 de 17/04/2008
  8. Resultados electorais para o Congreso 2011, PACMA.
  9. "Pacma". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  10. "Congreso". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  11. 20 Minutos
  12. 12,0 12,1 El Confidencial
  13. "Pacma". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  14. O noso BOE de cada día
  15. Resultados Eleccións Xerais 2016
  16. Diagonal Periódico
  17. Acordo de 23 de xuño de 2009.
  18. Resultados provisionais das eleccións ao Parlamento Europeo 2014.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar