Unión Asturianista
Unión Asturianista foi unha coalición electoral formada en Asturias en novembro de 2004 para aglutinar baixo unhas mesmas siglas as forzas rexionalistas e nacionalistas asturianas. Estivo formada polo Partíu Asturianista (PAS) e a Unión Renovadora Asturiana (URAS). A súa presidencia estivo formada polos dirixentes de ámbolos dous partidos, Xuan Xosé Sánchez Vicente do PAS e Sergio Marqués de URAS (que foi Presidente do Principado, como militante do Partido Popular, ata que abandonou a disciplina deste partido nacional, do que foi expulsado). Entre ambos alternáronse o candidato á presidencia autonómica, correspondente á candidatura na circunscrición central para as eleccións autonómicas de 2007 en URAS, que presentou a Sergio Marqués. Do mesmo xeito, fixéronse candidaturas suplentes nos concellos nos que concorre ás eleccións locais.
Unión Asturianista | |
---|---|
Tipo | partido político ![]() |
Ideoloxía política | Nacionalismo asturiano ![]() |
Persoas e organizacións | |
Presidente/a
| |
Data | |
Fundación | 2004 ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
Ligazóns | |
Páxina WEB | union.asturianista.as ![]() |
[ Wikidata ] |
Nas eleccións locais de 2007, a coalición obtivo 11.527 votos (1,95%) e 11 concelleiros.[1] Nas eleccións autonómicas de 2007 obtivo 13.338 votos (2,2%),[2] sen conseguir ningún escano, xa que lle faltaron 2.500 votos[3] na circunscrición central para acadalo.
A coalición non se renovou para as eleccións de 2013.[4]
Notas
editar- ↑ "Resultats de les eleccions locals de 2007". Arquivado dende o orixinal o 2007-06-05. Consultado o 2008-03-19.
- ↑ "Resultats de les eleccions a la Junta General del Principat d'Astúries". Arquivado dende o orixinal o 2007-11-12. Consultado o 2008-03-19.
- ↑ G, J. A. (2007-05-28). "Desencanto en URAS-PAS por quedarse lejos de la representación parlamentaria". El Comercio: Diario de Asturias (en castelán). Consultado o 2024-11-23.
- ↑ La Nueva España, ed. (9 de febreiro de 2012). "URAS recuerda que Marqués supo llegar a acuerdos cuando gobernó en minoría" (en castelán). Consultado o 2 de novembro de 2023.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Asturias |