Abrir o menú principal

Olaia Fernández Davila

política española

María Olaia Fernández Davila, nada en Castrelos, Vigo, o 27 de xaneiro de 1954, é unha política galega.

Olaia Fernández Davila
Olaia Fernández Davila.jpg
Olaia Fernández Davila en febreiro de 2015.
Datos persoais
Nacemento27 de xaneiro de 1954
 Vigo, Pontevedra, Galicia
OrganizaciónBNG
ProfesiónPolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciou o seu traballo político nos anos setenta no sindicalismo nacionalista en Vigo, onde foi secretaria zonal da INTG, e tamén responsábel nacional da secretaría da Muller. Olaia Fernández foi deputada no Parlamento de Galicia polo Bloque Nacionalista Galego desde 1993 e até o ano 2003. Desenvolveu a súa actividade parlamentaria en temas relacionados co emprego, coa sanidade, co comercio e cos servizos sociais. Foi unha das impulsoras da comisión non permanente para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres.

Dentro do BNG, foi membro do Consello Nacional desta formación política desde a 1995 até o ano 2003. Foi membro tamén da Executiva Nacional desta formación onde desenvolveu a responsabilidade da secretaría de Acción Social.

Nas eleccións municipais do ano 2003 foi elixida concelleira en Vigo. Desde as eleccións Xerais do ano 2004 é deputada no Congreso dos Deputados pola circunscrición de Pontevedra ámbito no que desenvolve o seu traballo parlamentar especialmente no eido agro-pesqueiro, social, laboral e sanitario. Foi reelixida nas eleccións de 2008 e de 2011