Congreso Nacional de Canarias

O Congreso Nacional de Canarias (CNC) é un partido político nacionalista das Illas Canarias, encabezado por Antonio Cubillo, secretario xeral do MPAIAC. Foi fundado en 1985, despois de que Cubillo regresase do seu exilio en Alxer.

Congreso Nacional de Canarias
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo canario, Nacionalismo bérber, Euroescepticismo, anticolonialismo, pacifismo e Separatismo
Data de fundación1985
Fundador(es)Movemento pola Autodeterminación e Independencia do Arquipélago Canario
EnIllas Canarias
PaísEspaña
Na rede
http://www.cnc-mpaiac.page.tl/
editar datos en Wikidata ]
Z amazigh, símbolo bérber adoptado polo CNC como propio

Unicamente obtivo representación política nunha ocasión, unha concelleira no concello de Arrecife (Lanzarote), nas eleccións municipais do ano 1987. Trátase polo tanto dun partido minoritario.

O seu órgano de expresión é a revista dixital El Guanche.

Na actualidade o propio CNC preséntase como "brazo político do MPAIAC" (Cubillo ocupou os máis altos cargos de dirección de ambas organizacións). No entanto, o MPAIAC cesou todo tipo de actividade en 1979, e o CNC fúndase en 1985. Nos anos 70 o brazo político do MPAIAC era o Partido dos Traballadores Canarios.

Ideoloxía editar

O CNC reclama a independencia das Canarias e que considera que é a última das colonias africanas en poder dunha potencia europea.

O CNC oponse á Zona de Libre Comercio das Canarias, rexeita calquera tipo de estatuto de autonomía e propón a saída da Unión Europea.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar