O euroescepticismo é unha corrente política e social baseada no rexeitamento, en maior ou menor grao, da Unión Europea e o seu proxecto de desenvolvemento, por parte de cidadáns pertencentes a estados europeos. O termo xurdiu, probabelmente, en 1992 da man de Ronald Tiersky, un analista político e mestre de Ciencias Políticas. Tiersky referiuse con este termo no xornal The Economist ás peroas que defente só a mínima integración na Unión Europea necesaria para garantir a paz e a prosperidade, pero sempre preservando o maior grao posíbel de soberanía nacional de cada un dos estados membros.[1]

Os opositores á Unión Europea adoitan empregar lemas e carteis contra os símbolos europeos.

O termo contrario podería considerarse europeísmo ou euroentusiasmo.[2]

Características editar

Os motivos polos que diversos movementos políticos ou sociais posiciónanse en contra da estrutura política da Unión Europea adoitan estar supeditados á perda de soberanía estatal de cada nación en virtude da soberanía europea. A cesión de competencias ao goberno da Union é visto polos euroescépticos coma unha perda da autodeterminación.

O movemento antieuropeísta ou euroescéptico podería ter comezado en Gran Bretaña, cuxa sociedade tería rexeitado a cesión de poder fronte ao eixo alemán. Estes e outros motivos poderían ter sido algunhas das causas do rexeitamento da Constitución Europea en moitos países, coma Francia ou Países Baixos no 2008, ou o "Non" irlandés ao Tratado de Lisboa de 2008.

A defensa dos intereses económicos nacionais por riba dos comunitarios, o rexeitamento de posturas imperialistas, a pertenza á OTAN, ou a política económica da Unión, cualificada por varios sectores coma neoliberal, poderían ter sido algunhas das causas dos movementos euroescépticos.

O euroescepticismo é considerado por diversos sectores, porén, unha ameaza á integración das sociedades europeas e, por extensión, ao proxecto da Unión Europea.

Notas editar

  1. Teinteresa.es (ed.). "¿Qué es el euroescepticismo y de dónde viene?". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2016. Consultado o 11 de maio de 2016. 
  2. El País (ed.). "Irlanda, el pequeño "euroentusiasta".". Consultado o 11 de maio de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.