Nacionalismo bérber

O nacionalismo bérber, tamén chamado berberismo ou amazighismo,[1] é un movemento político bérber baseado no nacionalismo cultural e étnico. Comezou principalmente en Cabilia (en Alxeria) e en Marrocos, e posteriormente estendeuse ao resto de comunidades bérberes da rexión do Magreb, no norte de África. Un grupo bérber, os tuaregs, declaráronse en rebelión contra Malí no ano 2012, e estabeleceron temporalmente un estado independente de facto chamado Azawad, que se identificaba a si mesmo como bérber.

A bandeira bérber adoptada no Congreso Mundial Amazigh (Agraw Amadlan Amazigh) en 1998.
Manifestación de cabilos nas rúas de París, en abril de 2016.

O movemento berberista en Alxeria e Marrocos é unha oposición cultural á arabización e á ideoloxía panarabista. En Azawad (norte de Malí), o movemento tuareg-berberista é tamén secularista e está en oposición tanto ao arabismo como á discriminación percibida contra os tuareg nómades por parte doutros grupos malianos e do goberno.

     Tmaziɣt (Rifeño)      Tamaziɣt (Tamazight de Marrocos central)      Tacelḥit (Shilha)      Tuḍḍungiyya (Zenaga      Tamaceq (Tuareg)      Tacenwit (Shenwa)      Taqbaylit (Cabila)      Tacawit (Shawiya)      Tanfusit (Nafusi)      Outras (wargli,
        mozabite, Siwa, etc.)

Notas editar

  1. KabylHeritage (12 de abril de 2012). "Amazigh North Africa, The West, And The Arab-Islamic Tyranny". Consultado o 10 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bernard Lugan, Histoire des Berbères, des origines à nos jours. Un combat identitaire pluri-millénaire, Afrique Réelle, 2012.

Ligazóns externas editar