Abrir o menú principal

Bieito Lobeira

político español

Bieito Lobeira Domínguez, nado en Seixo (Marín) o 22 de outubro de 1968, é un político galego do BNG.

Bieito Lobeira Domínguez
Bieito Lobeira

25 de marzo de 1996 – 27 de agosto de 2012

Datos persoais
Nacemento 22 de outubro de 1968
Marín, Galicia
Partido BNG
Profesión Político

Carreira políticaEditar

Comezou a súa vida política na asociación de estudantes ERGA con dezaseis anos. Formou parte de Galiza Nova, as mocidades do BNG desde a súa fundación ata 1998, e foi o seu secretario xeral entre 1992 e 1998.

O 25 de marzo de 1996 accedeu como deputado ao Parlamento de Galicia, en substitución de Guillerme Vázquez.[1] Continuou como deputado na V, VI, VII e VIII Lexislatura. Membro do Consello de Contas e da comisión lexislativa que analizou a catástrofe do Prestige, foi voceiro da súa formación para asuntos pesqueiros e marítimos, vicevoceiro e presidente da Comisión de Educación e Cultura do Parlamento. Foi secretario de organización do BNG na executiva que tivo como portavoz nacional ao catedrático Xavier Vence.

Foi tamén un dos voceiros da Plataforma Nunca Máis.

Bieito Lobeira na XVI Asemblea Nacional do BNG en 2017.

Vida persoalEditar

É fillo de pescador e mariscadora e traballou descargando peixe no porto de Marín.[2]

NotasEditar

  1. "IV Lexislatura - Relación de deputados do Parlamento de Galicia (16-11-93 ó 26-08-97)" (PDF). Parlamento de Galicia. Consultado o 2016-02-29. .
  2. «Son un tipo esencialmente hortera» Arquivado 08/10/2008, en Wayback Machine., entrevista de Nacho Mirás en La Voz de Galicia, 6 de outubro de 2008.

Véxase taménEditar