Seixo, Marín
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Nosa Señora do Carme de Seixo é unha parroquia do concello de Marín, na comarca do Morrazo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2021 tiña 1.903 habitantes (946 homes e 957 mulleres).
Seixo | |
---|---|
Punta Chirleu, xunto ao peirao de Aguete. | |
Concello | Marín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°22′07″N 8°43′56″O / 42.36861111, -8.73222222 |
Poboación | 1.903 hab. (2021) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarTen un relevo cunha vertente costeira con fachada sedimentaria e acantilada. A metade sur está ocupada polo arco areoso da praia de Aguete e apoiada no seu extremo occidental na fachada na punta do Chirleu, onde se atopan as instalacións portuarias do club náutico. O resto da liña de costa repártese entre pequenas calas de depósitos areosos con tramos de acantilados baixos de perfil aserrados pola erosión nos materiais esquistosos.
A prolongación continental establecese a través dunha ladeira regular de pendente suave a moderada, cuxa cabeceira se sitúa no seu punto culminante por baixo dos 200 msnm sen relevos especialmente significativos. Presenta depósitos de area cuaternarios.
Clima
editarCaracterizase por ter un clima cálido e húmido. Estímase que as precipitacións medias anuais oscilan entre 1200mm e 1400mm . As temperaturas son suaves, cuns valores por riba dos 15 °C. Cunha oscilación térmica entre 12,5 °C e 13,5 °C.
Usos do chan
editarDestaca o uso do chan turístico-residencial, sobre todo nas zonas mais achegadas a costa. Séguense mantendo os cultivos tradicionais de autoconsumo, tales como pataca, hortalizas, e en menor medida millo.
Etimoloxía
editarSeixo (do latín saxum, que significa 'rocha, pedra'). Polo que se chama Seixo a aqueles lugares enclavados en zonas pedregosas ou con algunha gran pedra destacada.
Demografía
editarA parroquia de Seixo é a terceira máis habitada do concello de Marín, tras Marín e San Xián.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.050 habitantes (1.027 homes e 1.023 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.219 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 1.967 habitantes, sendo 996 homes e 971 mulleres. Segundo o Instituto Nacional de Estadística no 2020 a poboación era de 1.888 habitantes e en 2021 contaba con 1.903 habitantes.
Paraxes naturais
editarSeixo ten dous areais: a praia de Aguete, que conta cunha pequena cala, Mingotes, mais coñecida como praia dos Namorados, onde se pode practicar o nudismo dende fai mais de tres décadas, e a praia de Loira. No ano 2019 ambos areais contaron con Bandeira Azul.[Cómpre referencia] A praia de Aguete remata naturalmente na Punta Chirleu onde actualmente se atopa o Club Nautico de Aguete e o peirao deportivo. Fronte a este, no seu lado occidental está o Con do Chirleu un illote rochoso con gran valor paisaxístico, a cal sofre o embate constante das ondas e ao que se achegan os pescadores da zona a faenar.
Xusto a continuación da Punta do Chirleu está a praia Niño do Corvo, unha pequena cala de difícil acceso, a cal só se pode chegar cando a marea está baixa.
- Monte Sobareiro
- Castro no monte da Brea
Edificacións de interese
editarEntre as diferentes construcións arquitectónicas que podemos atopar, destacan os Muíños que se atopan diseminados ao longo do río Loira. Diferentes lavadoiros, entre o que destacan o Lavadoiro de Loira e o Lavadoiro de Soaxe.
O Pazo do Chirleu foi construído polo corsario Juan Antonio Gago de Mendoza preto do actual porto deportivo de Aguete.
- Club Náutico de Aguete.
Historia
editarFoi creada en 1955 segregándose da de Santo Tomé de Piñeiro.
Relixión
editarAdemais do templo católico, baixo a advocación a Nosa Señora do Carme de Seixo inaugurada por Fernando Quiroga Palacios o 14 de xullo de 1963, conta coa Capela de San Brais de Aguete, fundada en 1712 localizada no Pazo de Aquete, e unha igrexa evanxélica denominada Igrexa Evanxélica de Hermanos inaugurada no 1885, ano de construción do seu cemiterio.
Deporte
editarAs actividades náuticas marcan a oferta deportiva, principalmente dende o porto deportivo de Aguete. Destaca a Escola de Vela xestionada polo Club de Mar de Aguete, que durante todo o ano celebra probas e imparte clases de diferentes modalidades, sábados e domingos no invierno e todos os días cando chega o verán. Na época estival tamén traballa a escola Imua, sita na praia máis próxima ao peirao, con clases de paddle surf, caiac e sup ioga.
En 1969 federouse o Club Deportivo Timonel, equipo de fútbol que representou á parroquia en categoría sénior e infantil ata a súa disolución en 1986. Vestía camiseta amarela, calzón negro e medias listadas de ambas cores. Acadou a súa mellor clasificación histórica na tempada 1982/83, cun 3º posto no Grupo V da 3ª Categoría Rexional, quedando ás portas do ascenso. Ata 1972 xogaba habitualmente como local no campo de San Pedro (Marín) ou en Bueu. Coa axuda económica dos veciños mercaron e habilitaron os terreos do seu propio feudo, o Campo de Loira, a carón do colexio público de Seixo e actualmente en desuso.
O areal de Loira acostuma acoller torneos de voleibol, balonmán e fútbol praia no verán, deixando os campos dispoñibles para veciños e visitantes o resto do tempo.
Festas e celebracións
editar- San Brais (3 de febreiro)
- Entroido (Desfile da Chirica) Organizado polo Grupo Cultural Ronsel[2] (febreiro ou marzo)
- Tradición da Colocación das Xestas (30 de abril)
- Festividade dos Maios (1 de maio)
- Luminarias de San Xoán (23 de xuño)
- Luminarias de San Pedro (9 de xuño)
- Festas da Nosa Señora do Carme (16 de xullo)
Lugares e parroquias
editarLugares de Seixo
editarLugares da parroquia de Seixo no concello de Marín (Pontevedra) | |
---|---|
Aguete | Bexe | A Brea | O Castro | O Con | Currás | Loira | Montecelo | Seixo | Soaxe | A Torre |