Abrir o menú principal

Santa María do Campo é unha parroquia que se localiza no concello de Marín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 374 habitantes (199 mulleres e 174 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 373 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 344 habitantes, sendo 173 homes e 171 mulleres.

O Campo
Igrexa de Santa María do Campo, Marín.jpg
Igrexa de Santa María do Campo.
Parroquia do Campo, Marín.png
ConcelloMarín
Poboación344 hab. (2014)
Entidades de poboación4

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial é un templo de orixe románica, de finais do século XII e comezos do XIII. Desa época consérvase un arco triunfal no interior, rudo, estreito e apuntado, a través do que se accede ao presbiterio rectangular. A nave é do século XVI, mantendo unhas pinturas murais góticas en mal estado de conservación. Pertenceu á Encomenda de San Xoán.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar