Xavier Vence

economista, escritor e político galego

Xavier Vence Deza, nado en Álceme (Rodeiro) o 19 de xaneiro de 1961, é un economista, escritor e político galego, portavoz nacional do BNG desde o 17 de marzo de 2013 ao 28 de febreiro de 2016. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012 [1].

Xavier Vence Deza
Xavier Vence

17 de marzo de 2013 – 28 de febreiro de 2016
Precedido por Guillerme Vázquez
Sucedido por Ana Pontón

Datos persoais
Nacemento 19 de xaneiro de 1961 (62 anos)
Rodeiro Galicia Galicia
Partido Bloque Nacionalista Galego
Parella Alba Nogueira
Profesión Economista, escritor e político

Na rede
https://xaviervence.blogspot.com/
Twitter: xaviervence Dialnet: 135917 Editar o valor em Wikidata

TraxectoriaEditar

Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, foi director do IDEGA entre 1991-95. Profesor convidado por diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago e da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos.

Coordina a Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Sectores Innovadores), e é membro do consello de redacción de A Trabe de Ouro, así como do consello científico da Revista Galega de Economía e da Revista Principios. Colaborador habitual da revista Tempos Novos e noutros medios como a Radio Galega, Xornal de Galicia ou Sermos Galiza.

Na XIV Asemblea Nacional, celebrada o 17 de marzo de 2013, foi nomeado portavoz nacional do BNG[2]. Cesou no cargo na XV Asemblea Nacional celebrada na Coruña o 28 de febreiro de 2016.


Predecesor:
Guillerme Vázquez
 
Portavoz Nacional do BNG
 
2013 – 2015
Sucesor:
Ana Pontón

Obra en galegoEditar

 
Xavier Vence na XXVII Semana Galega da Filosofía

EnsaioEditar

  • Capitalismo e desemprego en Galicia, 1986, Xerais.
  • Innovación e cambio tecnolóxico na industria, 1992.
  • O fracaso neoliberal na Galiza, 2005, A Nosa Terra.
  • Salarios e custo da vida, 2005.
  • Demanda de solo productivo en Galiza, 2007.
  • A situación actual do sistema galego de innovación, 2007.
  • Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas, 2011, Laiovento.
  • Crise e fracaso da Unión Europea neoliberal. Unha alternativa soberanista e democrática, 2013, Fundación Galiza Sempre.

Obras colectivasEditar

  • Informe sobre a pobreza en Galicia, 1995, Xunta de Galicia.
  • Industria e innovación. O sistema de innovación e a política tecnolóxica de Galicia, 1998, Xerais.
  • Galicia. Unha luz no Atlántico, 2001, Xerais.
  • Tempos de sermos, 2003, Universidade de Vigo.
  • 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
  • O nacionalismo e a Unión Europea, en A ollada exterior do nacionalismo galego, 2011, Fundación Galiza Sempre.
  • Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, 2015, Galaxia.

Obra en castelánEditar

EnsaioEditar

  • Economía de la innovación y del cambio tecnológico, 1995, Siglo XXI, Madrid.

Obras colectivasEditar

  • Política tecnológica comunitaria y cohesión regional, 1998, Civitas.
  • La Unión Europea y crisis del estado de bienestar, 1998, Síntesis. Con Xosé Luis Outes Ruso.
  • Sistemas regionales de innovación, 2001.
  • Innovación en la sociedad del conocimiento, 2005.
  • Radiografía de la investigación pública en España, 2006.
  • Tecnología, conocimiento y territorio, 2006.
  • Crecimiento y políticas de innovación, 2007.
  • Construir el futuro de la Universidad Pública, 2010.

Obra en inglésEditar

EnsaioEditar

  • Wealth from diversity, 1996, Kluwer.

Obras colectivasEditar

  • Integration and global corporate strategies, 2001, Routledge.
  • Global and national cooperation in service innovation, en The handbook of innovation and services, 2010.

Obra en francésEditar

Obras colectivasEditar

  • L’emploi en Espagne, 1991.
  • Innovations, territoires et politiques publiques, 1996, L’Harmatan.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Carballa, Xan (2014). Temos dereito a un futuro distinto. Conversas con Xavier Vence. Engaiolarte Edicións. 

Ligazóns externasEditar