José Benito Vence Deza
José Benito Vence Deza, nado no Carballo (Rodeiro) o 18 de decembro de 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1953 (70 anos) O Carballo, España |
Alcalde de Rodeiro | |
2009 – 2011 ← Manuel Salgado González – Luís López Diéguez → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , gandeiro |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Irmáns | Xavier Vence |
Traxectoria
editarAos dezasete anos emigrou a Suíza, onde traballou no sector hostaleiro. Retornou a Rodeiro en 1979, dedicándose á agricultura e gandería, ten unha explotación de vacún de leite e outra de porcino. Foi presidente fundador da cooperativa O Rodo, cargo que abandonou en 2007.
Nas eleccións municipais de 1987 foi o número dous da candidatura de Independientes de Galicia e foi elixido concelleiro de Rodeiro. Militante do PSdeG-PSOE, foi o número dous do PSOE nas eleccións municipais de 1991 e foi elixido concelleiro. Encabezou a candidatura socialista en 2003, 2007 e 2011. En 2009 foi elixido alcalde grazas a un pacto cos independentes e o BNG.
Predecesor: Manuel Salgado González |
Alcalde de Rodeiro 2009 - 2011 |
Sucesor: Luís López Diéguez |