Alba Nogueira
María da Alba Nogueira López, nada en Toba (Cee) o 7 de agosto de 1968, é unha xurista galega, catedrática de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela. É membro correspondente da Real Academia Galega dende 2012[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1968 (56 anos) Toba, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Católica de Louvain |
Actividade | |
Ocupación | xurista, profesora |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela, profesor titular (2003–) Universidade de Santiago de Compostela (2002–2003) Universidade de Santiago de Compostela (1999–2002) Universidade de Santiago de Compostela (1997–1999) Universidade de Santiago de Compostela |
Membro de | |
Participou en | |
25 de febreiro de 2020 | Manifesto por unha política migratoria e de asilo propia dunha sociedade democrática avanzada |
Familia | |
Cónxuxe | Xavier Vence |
Pai | Camilo Nogueira Román |
Traxectoria
editarFilla de Camilo Nogueira e Paz López Facal licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991. Ampliou estudos na Universidade Católica de Lovaina (1992-1993) realizando un Mestrado en Dereito Internacional e Europeo e doutorouse en 1997. Especialista en Dereito Ambiental, intervención administrativa na economía e dereitos lingüísticos é membro dende 2009 da Comisión de Lingua e Comunicación do Consello da Cultura Galega e forma parte do consello científico da revista catalá Llengua i Dret, da Revista Vasca de Administración Pública e da Revista Catalana de Dret Ambiental. É coordinadora da Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social (Armela).[2][3]
Actividade política
editarComo estudante participou nos Comités Abertos de Facultade e foi representante no Consello de Goberno da USC. Foi membro da Comisión Xurídica de Nunca Máis e milita en Adega. Contribuíu a organizar ANPAS Galegas e a Federación de Anpas de Compostela. Participou na Mesa Sectorial de Universidades en representación da CIG.
Sen militancia política na actualidade, no pasado colaborou co PSG-Esquerda Galega, Bloque Nacionalista Galego e con En Marea.[4] En 2013 entrou no Consello Nacional do BNG.[5]
Obra
editar- Estatuto xurídico da lingua galega. Xerais, 2005 (con Antonio X. Ferreira, Anxo Tato e Luís Villares)
- An Alternative Economic Governance for the European Union. Centre Maurits Coppieters, Bruxelas, 2013 (con Alberto Turnes e Xavier Vence)
- Investigación e lingua. Propostas para a mellora da presenza do galego na actividade científica. Universidade de Vigo, 2014
- Crisis, derechos sociales e igualdad (dir.), Tirant lo Blanch, 2015.
- La termita Bolkestein. Mercado único vs. derechos ciudadanos (dir.), Civitas, 2012.
- Shaping language rights: Commentary on the European Charter for Regional or Minority Languages in light of the Committee of Experts' evaluation (ed.), Council of Europe, 2012
- Evaluación de impacto ambiental. Evolución normativo-jurisprudencial, cuestiones procedimentales y aplicación sectorial (dir.), Atelier, Barcelona, 2009.
- Titularidad, competencias y fiscalidad de las aguas minerales y termales. Marco comunitario de protección ambiental (dir.), Ed. Aranzadi, 2009.
- Régimen jurídico de la selección del profesorado universitario, Atelier, Barcelona, 2004.
- Ecoauditorías. intervención pública ambiental y autocontrol empresarial, Marcial Pons, 2000.
- Participación cidadán e lexislación comunitaria ambiental, Escola Galega de Administración Pública, 1997.
Recoñecementos
editarEn 2011, recibiu o Premio Lois Peña Novo, que valoran o compromiso social coa lingua galega.[6]
Notas
editar- ↑ Membros da RAG
- ↑ "Grupos de investigación e investigadores Universidade de Santiago – Galicia". imaisd.usc.es. Consultado o 21 de febreiro de 2021.
- ↑ "Rede Armela. Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social". Consultado o 201 de febreiro de 2021.
- ↑ "Villares participará a próxima semana nos almorzos do Fórum Europa, onde será presentado por Alba Nogueira". Galicia Confidencial. 8 de febreiro de 2018.
- ↑ "Xavier Vence es proclamado portavoz nacional del BNG con el 95,8 % de los votos". Galicia Ártabra. 17 de marzo de 2013.
- ↑ "Os premios Lois Peña Novo recoñecen un ano máis o compromiso social coa lingua galega". xunta.gal. 30 de xuño de 2011. Consultado o 17 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Rede ArmelaArquivado 03 de marzo de 2021 en Wayback Machine. (en galego)