En Marea
En Marea foi un partido galego que xurdiu como unha candidatura para se presentar ás eleccións xerais de 2015 e ás eleccións autonómicas en 2016. A candidatura está inspirada nas candidaturas unitarias nas eleccións municipais de 2015 en Galicia. O nome da coalición nas papeletas era "En Marea (Podemos-En Marea-Anova-EU)"[2].
En Marea | |
---|---|
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | vacante[1] Voceiro único |
Historia | |
Fundación | Novembro de 2015 Coalición 30 de xullo de 2016 Partido |
Disolución | 26 de setembro de 2020 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Democracia Participativa Esquerdismo |
Representación | |
Parlamento de Galicia | 0 / 75 |
Congreso dos Deputados (Escanos galegos) | 0 / 23 |
Senado de España (Escanos galegos) | 0 / 19 |
Outros datos | |
Na rede | |
enmarea.gal | |
![]() ![]() ![]() | |
Tratábase dunha coalición conformada por diversos partidos e plataformas:
- Marea Atlántica
- Compostela Aberta
- Marea Pontevedra[3]
- Ferrol en Común
- Encontro por unha Marea Galega[4]
- Ourense en Común[5]
Historicamente tamén formaron parte de En Marea os partidos políticos Podemos, Esquerda Unida e Anova-Irmandade Nacionalista, ata que se retiraron en xaneiro de 2019.
O 26 de setembro de 2020, nun Plenario extraordinario, En Marea acordou a súa disolución ao considerar "acabada" a súa etapa ao asumir o esgotamento da candidatura logo do resultado das eleccións do 12X, nas que obtiveron un exiguo 0,22% dos votos.[6]
CandidaturasEditar
En 2015 os cabezas de lista para o Congreso dos Deputados foron Antón Gómez-Reino pola provincia da Coruña, Miguel Anxo Fernán-Vello pola de Lugo, David Bruzos pola de Ourense e Alexandra Fernández Gómez pola de Pontevedra.
En Marea acadou a cifra de 6 deputados nas eleccións xerais do 2015, superando en votos ao PSdeG e converténdose canda os socialistas na segunda forza con máis representación de Galicia no parlamento de España. Ademais obtivo dous senadores, José García Buitrón pola Coruña e Vanessa Angustia por Pontevedra,[7] que de novo foron os primeiros senadores galegos da democracia de elección directa que non pertenceron a PP, PSOE ou a UCD.
Con 6 deputados, En Marea tentou formar grupo parlamentario propio no Congreso dos Deputados[Cómpre clarificar], sen conseguilo, polo que se integrou no de Podemos.
Nas eleccións do 26 de xuño de 2016 pasou a ter 5 deputados e nas eleccións de abril de 2019 despois da ruptura con Podemos, só conseguiu 17.899 votos (o 1,09 no ámbito galego, e o 0,07%no total español).[8] Finalmente, decidiu non presentar candidatos nas eleccións de novembro de 2019.[9]
Resultados electoraisEditar
Cortes XeraisEditar
Os resultados nas eleccións estatais son os seguintes:
Elección | Votos | % (sobre o total galego) | # | Congreso | Senado | Gob. | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | 410.698 | 25,01 | 2.º | 6 / 23 |
2 / 16 |
Non | Oposición |
2016[10] | 347.542 | 22,18 | 3.º | 5 / 23 |
1 / 16 |
Non | Oposición |
abril de 2019[8] | 17.899 | 1,09% | ? | 0 / 23 |
0 / 16 |
Non | Sen representación |
novembro de 2019 | - | - | - | Non presenta listas | Non presenta listas | - | - |
Ás eleccións de novembro de 2019, non presentou listas.
Parlamento de GaliciaEditar
Os resultados nas eleccións autonómicas galegas foron os seguintes:
Elección | Votos | % | # | Deputados | Gob. | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
2016 | 271.418 | 19,07 | 2.º | 14 / 75 |
Non | Oposición |
2020 | 2.883 | 0,22 | 8.º | 0 / 75 |
Non | Sen representación[11] |
NotasEditar
- ↑ «Villares se hace con el liderazgo de En Marea, pero los críticos amenazan con tumbar el pacto» La Voz de Galicia, 3 de abril de 2017
- ↑ «Galicia, sitio distinto para la confluencia con Podemos» El Diario. 6 de novembro de 2015.
- ↑ "«MAREA PONTEVEDRA súmase a EN MAREA, coa idea de que tras o 20D se converta no novo proxecto común cooperativo democrático e cidadán». Marea Pontevedra. 13 novembro 2015.". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 16 de xullo de 2018.
- ↑ «Encontro por unha Marea Galega aprueba sumarse a la coalición de Podemos, Anova y EU» La Voz de Galicia. 2015-11-06.
- ↑ "Ourense en Común apoiará á candidatura En Marea para as eleccións xerais do próximo 20 de decembro". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ "En Marea considera «acabada» su etapa y asume el «agotamiento» del movimiento tras el 12-J". abc (en castelán). 2020-09-26. Consultado o 2020-09-26.
- ↑ "Senado.Junio 2016". infoelectoral.mir.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2019. Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 "Congreso. Abril 2019". infoelectoral.mir.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2019. Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ Redacción (29 de abril de 2019). "En Marea saluda la victoria de «una mayoría de izquierdas» que siente como propia". abc.es (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ "Congreso. Junio 2016". infoelectoral.mir.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2019. Consultado o 6 de outubro de 2020.
- ↑ "Resultados definitivos". resultados2020.xunta.gal. Consultado o 6 de outubro de 2020.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: En Marea |