Xan Carballa

xornalista español

Xan Manuel Carballa Alonso, nado en Vigo en 1960, é un xornalista galego.

Xan Carballa
Nacemento1960
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Aínda que nado en Vigo en 1960 estudou maxisterio en Ourense.[1] É autor dunha importante coleccións de fotografías do nacionalismo na Transición e ten catalogado un amplo arquivo de imaxes propias. Formou parte do grupo fundador do Obradoiro Galego de Audiovisuais. Comezou a colaborar como fotógrafo en A Nosa Terra a finais de 1977,[2] incorporándose á redacción, como xornalista, en 1982. Entre 1984 e 1996 coordinou os suplementos monográficos A Nosa Cultura, dedicados aos principais autores da literatura galega, e a colección A Nosa Historia. Posteriormente foi director de Edicións A Nosa Terra (2004-2006) e subdirector do semanario entre 2007 e 2010.[3]

Formou parte da Comisión de Comunicación do Consello da Cultura de 1990 a 2000 e da Comisión Técnica de Novos Medios da mesma institución. Participou regularmente no programa da Televisión Galega “Hai debate” (2005-2009) e foi colaborador habitual do suplemento de cultura Luces que se publicaba semanalmente na edición galega do diario El País.[4] Tamén é editor en Engaiolarte.

Obras editar

Ensaio editar

Edicións editar

Obras en colaboración editar

Notas editar

  1. Veiga Taboada, Manuel (2022-04-07). "Xan Carballa: “Esa idea de que o nacionalismo ten que ser de esquerdas paréceme demasiado simple. O que ten que ser é demócrata”". BiosBardia. Consultado o 2022-04-10. 
  2. "Xan Carballa, Author at A Nosa Terra". A Nosa Terra. Consultado o 2022-04-10. 
  3. "Xan Carballa". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-04-10. 
  4. PAÍS, Ediciones EL. "Artículos escritos por Xan Carballa". El País (en castelán). Consultado o 2022-04-10. 
  5. "Biografía de Valentín Paz-Andrade Galaxia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-04-10. 
  6. "Valentín Paz-Andrade. Antoloxía Galaxia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-04-10.