Àngel Colom
Àngel Colom i Colom, nado en Rupit i Pruit (provincia de Barcelona) o 22 de decembro de 1951[1], é un político catalán, diplomado en maxisterio e mestre de escola, ligado ao independentismo catalán.
Traxectoria
editarDesenvolveu a súa carreira política en tres partidos políticos: Esquerra Republicana de Catalunya, o Partit per la Independència e, despois, en Convergència Democràtica de Catalunya. No seu día formou parte de La crida a la solidaritat.
En 1988 saíu elixido deputat do Parlament de Catalunya, como número tres da candidatura de ERC, tras Joan Hortalà e Josep-Lluís Carod-Rovira.
En 1996, canda a Pilar Rahola, abandonou ERC para formar un novo partido,[2] o Partit per la Independència.
Despois da disolución do PI, Colom, no ano 2000, pasou a militar en Convergència Democràtica de Catalunya.
De maneira recente, viuse implicado no escándalo de corrupción de Fèlix Millet e o Palau de la Música.
Obra
editar- Contracte amb Catalunya (1995)[3]
Recoñecementos
editar- Memorial Josep Vidal i Llecha (1986, segunda edición)
Notas
editar- ↑ Àngel Colom: “Acceptar l’autonomisme és una capitulació”, entrevista en unilateral.cat, 14 de marzo de 2018 (en catalán).
- ↑ Colom y Rahola se escinden de ERC para crear un nuevo partido independentista, El País, 9 de outubro de 1996 (en castelán).
- ↑ Ficha en Worldcat.org (en inglés).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista co persoeiro, eltemps.cat, 13 de outubro de 2019 (en catalán).
- El independentismo gandhiano de Ángel Colom, El País, 16 de marzo de 1992 (en castelán).