Partit per la Independència
O Partit per la Independència (PI, en galego Partido pola Independencia), foi un partido político independentista catalán fundado por Àngel Colom en 1996 como resultado da escisión de Esquerra Republicana de Catalunya, tamén independentista. Tralos seus pobres resultados electorais nese mesmo ano, cando Pilar Rahola foi a súa candidata nas eleccións á alcaldía de Barcelona, disolveuse. Posteriormente, Colom e unha gran parte da dirección integrouse en Convergència Democràtica de Catalunya.
Partit per la Independència | |
---|---|
Acrónimo | PI |
Tipo | partido político catalán |
Ideoloxía | Independentismo catalán e Socialdemocracia |
Data de fundación | 8 de outubro de 1996 |
Data de disolución | 1999 |
Presidente/a | Àngel Colom (-) |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |