Muriel Casals i Couturier, nada en Aviñón (Francia) o 6 de abril de 1945 e finada en Barcelona o 14 de febreiro de 2016, foi unha economista e política catalá.

Infotaula de personailustre Editar o valor em Wikidata
Muriel Casals

(2013, Plaça de Catalunya) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Muriel Casals Couturier Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Muriel Casals i Couturier Editar o valor em Wikidata
6 de abril de 1945 Editar o valor em Wikidata
Aviñón, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de febreiro de 2016 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Hospital Clínic de Barcelona, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorte accidental, atropelamento (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de la Bisbal d'Empordà Editar o valor em Wikidata
Presidente Q57775982 Traducir
28 de xaneiro de 2016 – 14 de febreiro de 2016 (finado no cargo)
← sen valor – Lluís Llach →
Deputada do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 14 de febreiro de 2016 (finado no cargo)Adriana Delgado i Herreros →

Circunscrición electoral: Barcelona

Presidenta Federació Llull
2015 – 2016
← Eliseu Climent i Corberà (en) TraducirJoan Francesc Mira →
Presidente de Òmnium Cultural
20 de marzo de 2010 – 21 de xullo de 2015
← Jordi Porta i Ribalta (pt) TraducirQuim Torra → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
España Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
Universidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Director de teseJordi Nadal i Oller Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , política , profesora universitaria , activista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente (2007–)
Iniciativa per Catalunya Verds (–2007)
Partit Socialista Unificat de Catalunya (1967–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua catalá, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLluís Casals i Garcia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMontserrat Casals (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm3899801 Facebook: muriel.casals Twitter: murielcasals Dialnet: 1973400 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi profesora emérita do Departamento de Economía e de Historia Económica da Universidade Autónoma de Barcelona, da cal foi vicerreitora de Relacións internacionais e Cooperación entre 2002 e 2005. Fixo algunhas estadías en universidades británicas como a Universidade de Edimburgo, a London School of Economics e a Universidade de Gales en Bangor.

Era colaboradora habitual do semanario El Temps e do programa Economia i empresa de Catalunya Informació. Foi membro do consello de administración da Corporació Catalana de Ràdio i Televisió (1983-1988), e membro do Consell Català del Moviment Europeu. Formou parte da xunta do Ateneu Barcelonès (2003-2007).

Dende o ano 2008 era membro da xunta de Òmnium Cultural, e dende o 20 de marzo de 2010 exerceu como presidenta[1]. En xullo de 2015 deixou o cargo para presentarse de número tres na lista da coalición independentista Junts pel Sí das eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015. Foi substituída por Jordi Cuixart á fronte de Òmnium.

O 30 de xaneiro de 2016 sufriu un accidente en Barcelona ao ser atropelada por unha bicicleta. Caeu e sufriu un traumatismo craneoencefálico cun hematoma subdural que requiriu unha drenaxe cirúrxica. Ademais, fracturou a pelve. Foi intervida de urxencia no Hospital Clínic de Barcelona, onde faleceu o 14 de febreiro de 2016.[2]

Obra editar

  • 1992 La indústria a Catalunya. Tèxtil i confecció (en col·laboració amb V. Fabregat, F. Balcells i O. Homs), Departament d'Indústria i Energia de la Generalitat de Cataluña
  • 1994 Crisi i renovació del tèxtil: La diversificació de la base econòmica dins Sabadell: Indústria i Ciutat. 1800-1980, J.M. Benaut, E. Deu, J. Calvet (eds.) Abadía de Montserrat
  • 1999 La cultura, el mercat i la política dins Informe per a la Catalunya del 2000. Societat, Economia, Política, Cultura. Fundació Jaume Bofill. Mediterrànea
  • 2000 Women and Work in Catalonia: Is Catalonia still a working society? dins Networking Europe. Eassys on Regionalism and SocialDemocracy. E Bort e N. Evans (eds.) Liverpool University Press
  • 2007 Solving the "national" problems of Europe dins European Union, the Next Fifty Years (FT-LSE)
  • 2007 Per una Europa Oberta dins Onze de Frankfurt. Institut Ramon Llull

Notas editar

  1. Redacción. «Muriel Casals». Ara [Barcelona], núm 1, 28/11/2010, p.31.
  2. Morre Muriel Casals.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar