Jordi Cuixart

empresario e activista catalán. Presidente de Òmnium Cultural

Jordi Cuixart i Navarro, nado en Santa Perpètua de Mogoda (Barcelona) o 22 de abril de 1975, é un activista político e empresario catalán, presidente de Òmnium Cultural dende decembro de 2015[1] até o 26 de febreiro de 2022.[2] No xuízo aos líderes do proceso independentista catalán foi condenado polo Tribunal Supremo de España, en outubro de 2019, a 9 anos de cadea e de inhabilitación polo delito de sedición,[3] sendo indultado en 2021 polo goberno español.[4]

Modelo:BiografíaJordi Cuixart

(2016) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Jordi Cuixart i Navarro Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Jordi Cuixart Navarro Editar o valor en Wikidata
22 de abril de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Santa Perpètua de Mogoda, España Editar o valor en Wikidata
Presidente Federació Llull
10 de agosto de 2018 – 2022
← Joan Francesc MiraAnna Oliver i Borràs (pt) Traducir →
10º Presidente de Òmnium Cultural
19 de decembro de 2015 – 26 de febreiro de 2022
← Quim TorraXavier Antich →
Presidente Aranow Packaging Machinery
2003 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSabadell
Santa Perpètua de Mogoda Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstitut Escola Industrial - Formación profesional Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, activista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
CónxuxeTxell Bonet (2016–) Editar o valor en Wikidata
ParentesJosep Navarro Zapata, tío Editar o valor en Wikidata
Condenado porSedición (2019)
→ (9 pena de prisión)
→ Final: 23 de xuño de 2021, Indulto Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
22 de xuño de 2021Indultosentenza do xuízo ao proceso independentista catalán Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm7863588 Facebook: jcuixart.omnium Twitter: jcuixart Instagram: jcuixart BNE: XX6003363 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado en Santa Perpètua de Mogoda en 1975, fillo dunha carniceira murciana e dun mecánico catalán, é o pequeno de tres fillos. Alí viviu até os 30 anos. Entrou en contacto co catalanismo dende pequeno, en parte grazas ás visitas á librería que o seu tío tiña en Santa Perpètua e ás tertulias que este organizaba en casa.[5] Durante a súa mocidade foi monitor de tempo libre e participou en diversas actividades de activismo pola lingua catalá. De adolescente, estudou formación profesional de mecánica no Instituto Escola Industrial de Sabadell.[6]

Etapa empresarial

editar

Cuixart comezou a traballar con 16 anos varrendo un taller, nunha fábrica de materiais de embalaxe e finalmente comezou a colaborar no proceso de deseño de maquinaria con Autocad. Aprendeu inglés e francés de maneira autodidacta.[5] Posteriormente, converteuse en comercial doutra empresa do sector. Opúxose a facer o servizo militar obrigatorio[6] e en 1996 fíxose socio de Òmnium Cultural, de Amnistía Internacional e das escolas Bressoles.[7]

Con 26 anos, converteuse en xerente doutra empresa do sector, e dous anos despois solicitou ser accionista. Ao non ser aceptada a súa proposta, decidiu crear a súa propia empresa.[5] No ano 2003, fundou Aranow, empresa de maquinaria para fabricar embalaxe flexible, da cal é o presidente.[8] Dende esta empresa entrou en contacto co "Centre Metal·lúrgic" e posteriormente converteuse en patrón fundador da fundación privada de empresarios FemCAT.[5]

Òmnium Cultural

editar

De FemCAT, en 2010 fixo o salto á xunta de Òmnium Cultural, onde accedeu a ocupar o cargo de tesoureiro e posteriormente de vicepresidente na xunta de Muriel Casals. Un dos obxectivos deste equipo era levar a cabo novos proxectos de cohesión social e chegar aos 50.000 socios.[9][10] Durante a súa etapa como tesoureiro, Òmnium renunciou ás subencións da Generalitat de Cataluña.[11]

En 2015, cando Muriel Casals deixou a presidencia para incorporarse á candidatura de Junts pel Sí, Quim Torra asumiu temporalmente a presidencia de forma interina, até que se convocaron novas eleccións.[1][12] Jordi Cuixart encabezou entón a candidatura única "Òmnium: compromís amb el demà", coa cal recibiu un amplo apoio dos socios da organización, cun total de 5.450 votos sobre un total de 5.719. Foi nomeado presidente de Òmnium Cultural o 19 de decembro de 2015. A súa xunta estaba formada por Marina Llansana (vicepresidencia primeira), Joan Vallvé (vicepresidencia segunda), Jordi Bosch (secretaría) e Eulàlia Solé, Elena Jiménez, Sergi Rovira, Montserrat Gimeno, Ismael Peña-López, Jordi Ferré e David Basora como voceiros, que xa formaban parte da anterior xunta, e incoporáronse: Lluís Duran, Marina Gay, Carme Laura-Gil, Roser Sebastià, Clàudia Pujol, Marta Garsaball, Blanca de Llobet e Òscar Gimeno.[13] O seu programa como presidente centrouse en ampliar a maioría social soberanista, mantendo un programa onde a lingua e a cultura catalás vertebrasen a cohesión social.[13] Dende Òmnium impulsou, entre outras, a campaña Lluites compartides, coa que quería reconstruír a memoria histórica compartida dos procesos de mobilización social que, en diferentes eidos e momentos do tempo, foron decisivos para conformar o que hoxe é Cataluña.[14][15] Tamén se converteu nunha das facianas máis visibles do movemento independentista catalán,[16] chamando á participación no referendo do 1 de outubro de 2017.

Coincidindo co seu encarceramento, Òmnium Cultural aumentou a masa social até os 190 000 socios.[17]

O 14 de xaneiro de 2022, anunciou que non se presentaría á reelección para a presidencia de Òmnium Cultural.[18] O día 26 de febreiro de 2022 foi relevado na presidencia de Òmnium por Xavier Antich, escollido polos socios como novo presidente da entidade.[19]

Prisión preventiva

editar

En setembro de 2017, Cuixart foi acusado de sedición polo Ministerio Fiscal de España, como consecuencia das concentracións de protesta no transcurso da Operación Anubis. Segundo a interlocutoria, a Fiscalía acusouno a el e a Jordi Sànchez, como representantes de Òmnium Cultural e da Assemblea Nacional Catalana respectivamente, de organizar convocatorias para "protexer" os seus gobernantes e para "deter a Gardia Civil", diante das consellerías de Economía, de Exteriores, Gobernación, e diante da sede do PSC e da CUP, así como doutros operativos en Bigues i Riells del Fai, en Sabadell e en Les Franqueses del Vallès. A interlocutoria destacou especialmente o seu rol durante a concentración diante de Economía, mencionando estragos en dous coches da Garda Civil e como os voluntarios destas organizacións impediron a actuación policial.[20]

Por estes motivos, Carmen Lamela, maxistrada do Xulgado Central de Instrución número 3, decretou prisión preventiva sen fianza o 16 de outubro do mesmo ano. A interlocutoria argumentaba a prisión preventiva para evitar o risco de fuga, de reiteración delictiva e de obstrución da xustiza penal.[21][22] A interlocutoria[23] foi duramente criticada[24][25] e diversos medios publicaron probas que contradicen partes do texto da decisión xudicial.[26][27] Marcel Mauri, vicepresidente de Òmnium, asumiu as súas funcións na organización.

O mesmo Presidente da Generalitat de Cataluña, entre outras personalidades, así como asociacións integrantes da Taula per la Democràcia e a Alianza Libre Europea consideraron que tanto Cuixart como Jordi Sànchez son presos políticos.[28][29][30] Amnistía Internacional pediu a posta en liberdade inmediata.[31]

Dende o seu encarceramento, realizáronse centenares de actos de apoio en toda Cataluña. O 19 de outubro, organizouse unha concentración con candeas na Avinguda Diagonal de Barcelona pedindo a súa liberación, onde asistiron 200.000 persoas segundo a Guàrdia Urbana.[32] Poucos días despois, o sábado 21, organizouse unha nova manifestación, desta volta no Passeig de Gràcia, onde segundo a Guàrdia Urbana se xuntaron máis de 450.000 persoas pedindo a súa liberdade e a de Jordi Sànchez.[33] O sábado 11 de novembro de 2017 organizouse unha nova manifestación á que asistiron 750 000 persoas, segundo a Guàrdia Urbana.[34] Esta manifestación pola liberdade dos presos políticos. Dende entón realizáronse ducias de actos en todo o territorio catalán pedindo a liberdade do conxunto de presos políticos relacionados co proceso independentista catalán. O 24 de novembro de 2017, o xuíz Pablo Llarena ditou un acto polo cal, despois de solicitar informa da xuíza Lamela, acumulaba a instrución contra os principais líderes independentistas, incluíndo Jordi Sànchez e Jordi Cuixart.[35][36][37]

Meses despois, en xullo de 2018, foi trasladado da Prisión de Soto del Real ao Centro Penitenciario Lledoners.[38] Dende entón realizáronse diversas concentracións ás portas do centro para apoiar a Cuixart e ao resto de persoas en prisión preventiva.

No cárcere, comezou a practicar cerámica, ioga e meditación.[39] O 16 de xuño de 2018, foi reelixido presidente de Òmnium. Recibiu 28 151 votos dos 28 183 sufraxios emitidos na asemblea da entidade.[40] En agosto do mesmo ano, foi nomeado presidente da Federación Llull, entidade integrada por Òmnium Cultural, Acció Cultural del País Valencià e Obra Cultural Balear.[41]

En novembro de 2018, a Organización Mundial Contra a Tortura reclamou que fose liberado.[42]

Dende o cárcere escribiu o libro "Ho tornarem a fer", sobre a loita non violenta como instrumento de defensa dos Dereitos Humanos, "Aprenentatges i una proposta", sobre as adrendizaxes que sacou dos últimos anos,[43] e xunto coa xornalista Gemma Nierga, "Tres dies a la presó: Un diàleg sense murs", onde falou sobre como viviu o encarceramento. Tamén traballou nos libros infantís “Un bosc ple d’amor” e “El polsim màgic”. No cárcere recibiu visitas de activistas como Nora Morales de Cortiñas, Can Dündar,[44] Ai Weiwei,[45] Jody Williams[46] ou Adolfo Pérez Esquivel.[47]

Front Line Defenders recoñeceu oficialmente a Cuixart como defensor dos dereitos humanos. O seu caso foi denunciado perante o Consello de Europa e a Plataforma de Dublín, o encontro dos defensores de dereitos humanos máis importante do mundo. O 29 de maio de 2019, o Grupo de Traballo sobre a Detención Arbitraria das Nacións Unidas reclamou a súa liberdade immediata.[48] En marzo de 2021, un informe da relatora xeral de dereitos humanos do Consello de Europa sinalou o encarceramento de Jordi Cuixart como un caso de "represalia e intimidación" contra os defensores dos dereitos humanos en Europa.[49]

Xuízo e condena

editar
 
Cuixart, durante un terceiro grao penitenciario o 30 de xaneiro de 2021.

O 1 de febreiro de 2019, foi trasladado á prisión madrileña de Soto del Real nun autocar da Garda Civil para asistir ao seu xuízo, que comezou o 12 de febreiro de 2019.[50] En diversas entrevistas, Cuixart declarou que usaría o xuízo para acusar o Estado, argumentando "que o Estado decidiu usar a xustiza penal para desactivar os seus adversarios, neste caso os independentistas".[51][52] Durante a declaración no xuízo dixo que a súa prioridade non era saír do cárcere senón denunciar o ataque ás liberdades e defender o dereito á autodeterminación e dixo que todo o que fixera volveríao facer.[53]

O xuízo acabou o 14 de outubro de 2019 cunha sentenza que impoñía penas á maioría dos procesados, e a Cuixart, 9 anos de prisión e de inhabilitación por sedición.[3] O 14 de novembro de 2019, Amnistía Internacional denunciou que a sentenza criminalizaba o dereito a protesta e volveu pedir a súa liberdade.

A partir de febreiro de 2020, comezou a accedir a permisos penitenciarios. En virtude do artigo 100.2 do regulamento penitenciario, puido saír para ir a traballar á fábrica da súa empresa Aranow en Sentmenat durante o día,[54] mais volvendo ao cárcere para durmir. O 17 de xullo de 2020, as prisións concederon o terceiro grao penitenciario aos condenados, e ao cabo de once días, o xulgado de vixilancia penitenciaria suspendenuno.[55] Medio ano máis tarde, en xaneiro de 2021, volveu a condecelo e o xuíz volveu a suspendelo.[56]

En xaneiro de 2021, 50 defensores dos dereitos humanos como Yoko Ono, Irvine Welsh ou Dilma Rousseff, e premios Nobel da paz como Shirin Ebadi, Adolfo Pérez Esquivel, Jody Williams, Mairead Corrigan ou Elfriede Jelinek asinaron o manifesto Dialogue for Catalonia, que pide diálogo entre Cataluña e España e o fin da represión para avanzar na resolución política do conflito.

O 8 de xuño de 2021, o Tribunal Constitucional rexeitou o recurso de protección de Jordi Cuixart, e esgotou a vía interna para recorrer a sentenza do Tribunal Supremo. O 9 de xuño de 2021, Jordi Cuixart presentou un recurso en catalán ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) contra a sentenza do Tribunal Supremo.[57] O 20 de decembro, o TEDH comunicoulle que recibiu o recurso.[58]

O 23 de xuño de 2021 recibiu o indulto por parte do Goberno de Pedro Sánchez.[59] En maio de 2021, o Tribunal Supremo pediulle un posicionamento sobre o indulto para preparar o informe sobre os indultos para o goberno español. Respondeu que non pedira ningunha clase de graza porque todo o que fixo volveríao facer, e reclamou unha amnistía.[60]

Vida privada

editar

É socio de diversas entidades e/ou proxectos, como Amnistía Internacional, o Casal Can Capablanca de Sabadell, Som Energia ou a cooperativa Coop 57.[11][12][61] Viviu entre Santa Perpètua, Sabadell e o barrio de Gràcia de Barcelona.[15] Durante a prisión preventiva tivo o seu segundo fillo biolóxico, e é pai de dous fillos máis dunha relación anterior.

  • Tres dies a la presó, coa xornalista Gemma Nierga (Rosa dels Vents, 2019)
  • Ho tornarem a fer (Ara Llibres, 2019)
  • Un bosc ple d'amor (Estrella Polar, 2019)[62]
  • El Polsim màgic (Comanegra, 2020)[63]
  • Aprenentatges i una proposta (Ara Llibres, 2021)

Colaboracións

editar
  • Texto, en Hem votat! Cartells, pancartes, murals i banderes de l'1-O (2017)
  • Texto, prólogo de Després del procés, què? Reflexions de la generació que ve (Pagès editors, 2019)[64]
  • «Epíleg», epílogo de Jo acuso. La defensa en judicis polítics (Pagès editors, 2019)[65]
  • Texto, epílogo de A favor nostre (Godall, 2019)[66]
  • Texto, epílogo de I ara què? Carta de navegació per la Catalunya de després del procés (Pagès editors, 2019)[67]
  • Texto, prólogo de L'obligació moral de desobeir (Arcàdia, 2019)
  • «Nascuts per ser lliures i no soldats», epíleg d'Insubmissió! Quan joves desarmats van derrotar un exèrcit (Sembra Llibres, 2019)[68]
  • «Les maletes», prólogo de Privilegi a l'altra banda del riu (Destino, 2019)[69]
  1. 1,0 1,1 Òmnium Cultural, ed. (19 de decembro de 2015). "Jordi Cuixart és proclamat nou president d'Òmnium". 
  2. La Vanguardia, ed. (26 de febreiro de 2022). "Xavier Antich asume la presidencia de Òmnium llamando a “revisar” la estrategia independentista" (en castelán). Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Camps, Josep Maria (14 de outubro de 2019). "Penes d'entre 13 i 9 anys de presó per al govern de l'1-O, la presidenta del Parlament i els presidents d'Òmnium i ANC". 324.cat. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  4. "Sánchez da luz verde a los indultos para restablecer la concordia y la convivencia". La Vanguardia (en castelán). 22 de xuño de 2021. Consultado o 22 de xuño de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Vila, Enric (9 de xullo de 2017). Elnacional.cat, ed. "Jordi Cuixart, el self made man català". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Picazo, Sergi. "Entrevista a Jordi Cuixart, president d'Òmnium Cultural". Crític. 
  7. EP (19 de decembro de 2015). "Jordi Cuixart, nou president d'Òmnium Cultural". El País. 
  8. Font Manté, Àlex (3 de febreiro de 2014). "Jordi Cuixart: "Ens falta un gran conglomerat industrial"". Ara.cat. 
  9. Orriols, Núria (19 de decembro de 2015). "Jordi Cuixart, un empresari fet a si mateix que arriba al capdavant d'Òmnium". Ara.cat. 
  10. 324cat. "Muriel Casals, escollida nova presidenta d'Òmnium Cultural en substitució de Jordi Porta". CCMA. 
  11. 11,0 11,1 Barrena, Xabi (17 de outubro de 2017). El Periódico de Catalunya, ed. "Jordi Cuixart: l'"indepe" atípic". Consultado o 13 de decembro de 2017. 
  12. 12,0 12,1 Orriols, Núria (19 de decembro de 2015). ara.cat, ed. "Jordi Cuixart, un empresari fet a si mateix que arriba al capdavant d'Òmnium". Consultado o 13 de decembro de 2017. 
  13. 13,0 13,1 "Jordi Cuixart, proclamat nou president d'Òmnium". Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  14. Muñoz, Jordi (25 de novembro de 2017). "Una tardor de lluites compartides". Nació Digital. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2022. Consultado o 11 de abril de 2022. 
  15. 15,0 15,1 Barrena, Xabi (17 de outubro de 2017). "Jordi Cuixart: el 'indepe' atípico". El Periódico de Catalunya (en castelán). 
  16. "Jordi Cuixart i Navarro | enciclopèdia.cat". Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  17. Ara.cat (ed.). "Òmnium proposa una "fàbrica de continguts audiovisuals" per desencotillar l'ús del català". Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  18. RAC1 (ed.). "Jordi Cuixart deixa de ser president d’Òmnium: “No plego com a activista”". Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  19. El Món, ed. (26 de febreiro de 2022). "Xavier Antich, nou president d’Òmnium: “Sabem on volem anar i què cal fer”". Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  20. "Sànchez i Cuixart, acusats per l'estat espanyol en una gran causa per sedició". Consultado o 23 de setembro de 2017. 
  21. 324.cat (ed.). "Presó sense fiança per als presidents de l'ANC i Òmnium, Jordi Sànchez i Jordi Cuixart". Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  22. Serra, Ot (16 de outubro de 2017). "L'Audiència decreta presó sense fiança per a Sànchez i Cuixart". Ara.cat. 
  23. "Interlocutòria" (PDF) (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  24. "Onada de reaccions en contra de la presó incondicional de Sànchez i Cuixart: "No esteu sols. Us volem a casa"". Ara. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  25. "Abogados catalanes creen que la jueza se ha inventado un tipo delictivo para encarcelar a Sànchez y Cuixart". El Diario. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  26. "Un vídeo muestra cómo Cuixart y Sànchez intentaron disolver la manifestación de Economia". La Vanguardia. Consultado o 18 de outubro de 2017. 
  27. Pozas, Alberto «El juez del Supremo llama a declarar como imputada a Carme Forcadell y el resto de la Mesa del Parlament este jueves y viernes» (en es-es). , 31-10-2017 [Consulta: 13 de novembro de 2017].
  28. "“We have political prisoners again,” says Catalan president". CatalanNews. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  29. "El Síndic veu l'empresonament de Sànchez i Cuixart "contrari als drets i les llibertats" dels tractats internacionals". La Vanguardia. 
  30. "EU's latest political prisonners". European Free Alliance. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2017. 
  31. "SPAIN: CHARGES FOR SEDITION AND PRE-TRIAL DETENTION AGAINST JORDI CUIXART AND JORDI SANCHEZ ARE EXCESSIVE". Amnesty International. Consultado o 18 de outubro de 2017. 
  32. "200.000 persones, segons la Guàrdia Urbana, omplen d'espelmes la Diagonal contra l'empresonament de Sànchez i Cuixart". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  33. "Barcelona crida per la llibertat dels presos i de les institucions". Ara.cat. 
  34. Europa Press (11 de novembro de 2017). "Unos 750.000 manifestantes en Barcelona según la Guardia Urbana". eldia.es (en castelán). 
  35. Pérez, Reyes Rincón, Fernando J. «La juez Lamela facilita la posible excarcelación de los ‘exconsellers'» (en es). , 22-11-2017 [Consulta: 24 de novembro de 2017].
  36. Rincón, Reyes «El Supremo acumula todas las causas contra el independentismo por rebelión» (en es). , 24-11-2017 [Consulta: 24 de novembro de 2017].
  37. Rincón, Reyes «Junqueras, Forn y ‘los Jordis' seguirán en prisión provisional sin fianza» (en es). , 4 diciembre 2017 [Consulta: 4 de decembro de 2017].
  38. "Jordi Cuixart: «Ens vam desgastar amb batusses estèrils i vull pensar que hem après la lliçó»". NacióDigital. 
  39. Vera, Esther (30 de setembro de 2018). "Jordi Cuixart: “Avui al PSOE li fem nosa a la presó”". Ara.cat. 
  40. Redacció. "Jordi Cuixart, reelegit president d'Òmnium - 16 juny 2018". El Punt Avui. 
  41. Administrator. "La Federació Llull nomena Jordi Cuixart com a nou president". Acció Cultural del País Valencià - ACPV. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2018. Consultado o 11 de abril de 2022. 
  42. Solé Altimira, Oriol (23 de novembro de 2018). "La Organización Mundial contra la Tortura reclama la puesta en libertad de Sànchez y Cuixart". eldiario.es. Consultado o 13 de febreiro de 2019. 
  43. Vilaweb (ed.). "La proposta de Cuixart: un nou referèndum i més gent disposada a anar a la presó per defensar-lo". Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  44. Eldiario.es (ed.). "El periodista y disidente turco Can Dündar compara a España con Turquía por el encarcelamiento de Cuixart" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  45. Vilaweb (ed.). "L’artista Ai Weiwei visita Jordi Cuixart als Lledoners". Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  46. La Vanguardia (ed.). "Nobel de la paz Williams sobre el procés: En España hay un conflicto político" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  47. TV3 (ed.). "Adolfo Pérez Esquivel: "Això ni comença ni acaba amb els indults. Són un pas"". Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  48. "ODS HOME PAGE". Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  49. La Vanguardia (ed.). "El Consejo de Europa considera que Jordi Cuixart sufre "represalias e intimidación"" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  50. Congostrina, Alfonso L. (2 de febreiro de 2019). "La Guardia Civil traslada a los presos del ‘procés' a cárceles de Madrid". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582. 
  51. Altimira, Oriol Solé. "La estrategia de Cuixart ante el Supremo: "El juicio será una expresión de lucha por la democracia"" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2019. 
  52. TV3, ed. (12 de xuño de 2019). "Al·legat de Jordi Cuixart al judici contra el procés independentista català". Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  53. TV3 (ed.). "Cuixart: "La prioritat no és sortir de la presó, sinó denunciar l'atac a les llibertats"". Consultado o 14de xaneiro de 2022. 
  54. "[VÍDEO] Emocionant rebuda a Jordi Cuixart dels treballadors de la seva fàbrica a Sentmenat". Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  55. Nació Digital (ed.). "La jutge suspèn el tercer grau dels presos polítics". Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  56. TV3 (ed.). "Tomben el tercer grau als líders independentistes de Lledoners". Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  57. Eldiario.es (ed.). "Jordi Cuixart, primer preso del procés que recurre ante el Tribunal Europeo de Derechos Humanos" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  58. Europa Press (ed.). "El TEDH recibe el recurso de Cuixart contra la sentencia del 1-O" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  59. Vilaweb (ed.). "El govern d’Espanya fa oficials els indults als presos polítics". Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  60. ElPunt Avui (ed.). "Cuixart rebutja l’indult per la condemna de l’1-O: “No acceptarem cap humiliació”". Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  61. Cuixart, Jordi (17 de decembro de 2015). Ara, ed. "La renovació d'Òmnium". 
  62. Regió7.cat, ed. (6 de novembro de 2019). "Jordi Cuixart reivindica els drets i les llibertats en el conte infantil «Un bosc ple d'amor»". Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  63. Vilaweb, ed. (27 de novembro de 2020). "Cuixart publica 'El polsim màgic', un conte infantil que reivindica la democràcia, els drets i les llibertats". Consultado o 29 de novembro de 2020. 
  64. PagèsEditors.cat (ed.). "Després del procés, què?". Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  65. Morales, Aida (25 de febreiro de 2019). NacióDigital.cat, ed. "L'epíleg de «Jo acuso», on Cuixart avança la seva estratègia al judici de l'1-O". Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  66. Omnium.cat (ed.). "A favor nostre". Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  67. PagèsEditors.cat (ed.). "I ara què?". Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  68. ElCrític.cat, ed. (10 de outubro de 2019). "Nascuts per ser lliures i no soldats". Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  69. Grup62.cat (ed.). "Privilegi a l'altra banda del riu". Consultado o 9 de xaneiro de 2020.